2016
Caldeirada para dos (muertos)
No centenario do nacemento de Camilo José Cela reedítase este libro que é unha viaxe pola gastronomía e cociña tradicional de Galicia a través das citas culinarias de “Mazurca para dos muertos”. Nesta ocasión en castelán.
A edición orixinal (2003), en galego e publicada por Edicións Lea, mereceu o premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro en 2004
2015
Gastronomía monacal en Galicia.
Edita: Xunta de Galicia
Unha viaxe por todos os mosteiros e conventos galegos que elaboran e venden produtos gastronómicos.
Director e coordinador: Miguel Vila. Textos: Xavier Castro, Jorge García, Miguel Vila. Fotografía: Soledad Felloza. Coordinación de producción: Revista BenBo.
2013
A cociña dos Cunqueiro
Edita: Editorial Galaxia
Selección de receitas dos cuadernos de Elvira González-Seco, esposa de Álvaro Cunqueiro.
Edición, notas e introducción a cargo de Miguel Vila.
2011
Guía secreta da gastronomía de Galicia. Lugo
Edita: Alvarellos editora
Premio Gourmand World Cookbook Awards “Best culinary travel guide” 2011
Na mesa con Cunqueiro. Antoloxía gastronómica e literaria.
Edita: Consello da Cultura Galega
Pequena antoloxía de textos culinarios de Álvaro Cunqueiro, incluída na campaña “A cociña galega con Cunqueiro”
2008
Guía gastronómica Santiago de Compostela
Edita Turismo de Santiago
A primeira guía gastronómica da cidade del Apóstol, con información sobre produtos, restaurantes, tapas e racións, pastelerías, compras gourmet, mercados e ultramarinos tradicionais…
2007
Hora de comer
Colección Branco de Cores
Editorial Sotelo Blanco
Un conto para nenos no que Sara e o seu amigo imaxinario Branco de Cores recorren os lugares máis emblemáticos da gastronomía compostelana
2006
A cociña do Entroido e San Xoán
Gastronomía Xerais
Edicións Xerais de Galicia
Premio Gourmand World Cookbook Awards “Best entertaining cookbook” 2006
Un libro práctico que analiza a cociña do entroido (co porco e os doces como protagonistas da mesa) e a cociña de San Xoán (evocada polas sardiñas e os churrascos).
2005
A cociña do Merlín
Colección Guías Galaxia (nº 1)
Editorial Galaxia
Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro 2006.
Unha viaxe a través das receitas, os pratos e os alimentos que desexan, cociñan e comen os personaxes de Merlín e Familia.
2004
O crime de Santa Cruz do Valadouro
Ediciós do Castro
Un caso real. O asasinato do cura de Santa Cruz do Valadouro e tres criados, acontecido en 1888. O xuizo polo caso finalizoa coa condena a morte en garrote dos seis acusados.
2003
Caldeirada para dous (mortos)
Editorial Lea
Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro 2004.
Unha visión histórica da cociña e a gastronomía tradicional galega da man das citas gastronómicas na novela Mazurca para dos muertos do premio Nobel de Literatura Camilo José Cela.
1998
Diccionario galego de gastronomía
Edicións Lea
O primiero diccionario galego de gastronomía
Olería tradicional en Galicia
Editorial Lea
Un repaso pola olería tradicional que aínda se conserva en Galicia e pola xa desaparecida
E tamén colaborei na redacción de outros títulos:
- Recetas con requeixo, publicado pola cooperativa Campo Capela
- “45 recetas con ortigas” de Martín Álvarez. Editado por Alvarellos. Redactei unha das introduccións.
- Pesca submarina en Galicia, de Xoán Carlos Rodríguez e Xesús León. Editorial Lea, 1997. A miña colaboración limitouse a un capítulo titulado “A cociña do pescador”.
- “Galicia, un país para vivir, un país para investir” Editado pola Xunta de Galicia en 1993
- “El Desafío Español”. Editado poli Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX)
- “Castilla-La Mancha, un lugar para su inversión”. Editado pola Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha.