Bacallau de Noiteboa

Na cea de Noioteboa o prato máis tradicional de Galicia é o bacallau, acompañado con coliflor ou repolo, segundo a zona ou os gustos de cada un. Lembro como de neno me chamaba a atención de que todos os que coñecía no Valadouro preparaban o bacallau con repolo (ou máis ben con “verdura”, un repolo diferente que había eses días no mercado), coa única excepción da casa de meu tío Alfonso, onde se comía con coliflor. Pasado o tempo descubrín que no resto de Galicia é máis común a coliflor, pero nunca souben porque a muller de meu tío fixera propia esa verdura para o 24 de decembro.

O caso é que da TVG convocáronme á praza de abastos de Compostela para falar de bacallau e o que fixen foi máis ben escoitar ao amigo Xosé Bermúdez, que el si sabe como escoller o mellor peixe para cada preparación, xa que rexenta unha tenda que leva medio século vendendo este produto.

O programa da televisión, que se pode ver picando no enlace, mostra ademáis a receita do bacallau ao forno dun dos restaurantes onde hai que ir comer ese prato: Casa Salvador, na Barcala. E non faltan outras especialidades navideñas, e entre elas as propostas de Bea Sotelo.

Enlace co programa Vivir Aquí da TVG, emitido o 24 de decembro de 2016: Noite de Nadal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *