Gastronomía e cociña en Mazurca para dos muertos

11 de maio de 2016. Hai cen anos nacía en Iria Flavia, Padrón, Camilo José Cela, escritor. O único galego galardoado co premio Nobel e cunha longa obra narrativa, publicada en castelán, cousa que algúns non lle perdoarán xamais. Unha vez máis, a ideoloxía se impón á calidad literaria, como tantas veces pasou, en tantos lugares e en tantas situacións históricas.

Unha das novelas de Cela, para min a mellor, Mazurca para dos muertos, é un verdadeiro compendio da gastronomía galega de comezos e mediados do século XX e serviume en 2003 para un libro, “Caldeirada para dous (mortos)” publicado en 2003 por editorial Lea e galardoado en 2014 co premio nacional de periodismo gastronómico Álvaro Cunqueiro.

Neste ano do centenario de Cela o libro volveu a ver a luz, desta volta traducido ao castelán, e está dispoñible, tanto en edición dixital como impresa, en Amazon.

Hai xa cinco anos, e cun texto baseado en parte en Caldeirada para dous (mortos), tiven a oportunidade de participar nun número da revista fundada polo propio Cela, El Extramundi y los papeles de Iria Flavia, dedicado aos aspectos culinarios da obta do escritor de Padrón, publicado xunto cunha antoloxía de textos gastronómicos do propio Cela e outros traballos de Francisco Singul, Serafín Quero Toribio e Adolfo Sotelo Vázquez.

Os interesados neste traballo poden acceder a él en formato pdf: Gastronomía y cocina en Mazurca para dos muertos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *