Coctelería galega ao grande

Por moitas edicións que leve asistido, cada ano marabíllame a capacidade de convocatoria do Concurso Galego de Coctelería que organiza AGABA, que se celebra na primavera en Santiago de Compostela. Cando se facía na tarde do sábado o cheo era total. E este ano, en tarde de luns, pasou o mesmo.

Gañaron Xaime Rodríguez Trigás, da coctelería Kubos de Lalín mentres que o subcampionato foi para Guillermo González, de Moon93 de Carballiño, que tamén gañou o Trofeo Especial Augardente de Galicia. Carlos Abilleira foi o campión na modalidade de flairtending.

Pola miña parte agradecer á organización que conten comigo para o xurado degustador, que ademais me da a oportunidade de facer algunhas fotos como as que deixo de seguido.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *