Couselos

A cantidade de recursos que desaproveitamos en Galicia é inimaxinable. Froitas tiradas polos camiños, amoras das silveiras que xa ninguén lle da ao seu amor como cantaba Rosalía de Castro…

Leo en Salsa de Chiles sobre unha comida en Cuenca na que un prato de espárragos e perrechicos estaba acompañado por unha folla do que Maribona denomina “ombligo de reina” e en Galicia coñecemos como “Couselo” (Umbilicus rupestris) e lembro o ben que se da esta planta silvestre nos arredores da miña casa sin que ninguén a aproveite.

Así que saio dar un paseo e aos cincuenta metros atopo as das fotos e moitas máis. Non apaño ningunha, que están nunha zona pola que circulan bastantes coches, pero calquera día destes vou polos camiños a probar este produto ao que ninguén lle fai caso… salvo en Cuenca.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *