Gastronomía Monacal en Galicia, unha guía do que se coce nos mosteiros galegos

(8 de marzo de 2015) Temos libro novo nas librarías: Gastronomía Monacal en Galicia. Un traballo realizado polo equipo de BenBo, con documentación de Jorge García, fotografía de Soledad Felloza e textos de Xavier Castro, Jorge García e Miguel Vila.

O libro recolle todos e cada un dos mosteiros e conventos galegos que elaboran e venden produtos gastronómicos, cunha ficha por cada un deles na que se inclúen aspectos históricos, artísticos e gastronómicos, xunto con información de contacto (enderezos, teléfonos, correo electrónico, web… cando hai) e útiles para o visitante e comprador: horarios de visita, horarios de tenda ou torno, formas de pago, etc., así como información sobre tendas alleas aos mosteiros e conventos nas que atopar os seus produtos.

En Youtube (http://youtu.be/-FgEadg50JQ) pódese ver un repaso do libro e no video a entrevista realizada na Televisión Galega, no marco do programa A Revista Fin de Semana que presenta María Solar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *