Cónclave astur-galaico en A Estación

Semellaba un conclave no que non se elixía nada. Relaxados despois de servir a comida, uns, e de comer, outros, na cabeceira da mesa xuntábanse Nacho Manzano, Pepe Solla, Xosé Cannas, Rafa Centeno, Xoán Crujeiras e Xavier Olleros. So faltaba Beatriz Sotelo, que despois de cociñar marchara a dar clase a futuros cociñeiros. O único que ía de branco, coa súa chaquetiña de chef, era o homenaxeado do día, Nacho Manzano, que acababa de recibir o premio Chef Millesime antes da comida que tivo lugar en A Estación.

Foi todo un cumio astur-galaico, cousa que se ve con pouca frecuencia malia tratarse de comunidades veciñas, non so no xeográfico senón no culinario porque, en definitiva, as cociñas galega e asturiana comparten as mesmas bases e teñen moi máis de común que de diferenza.

Un cumio que debería repetirse con máis frecuencia porque buscar sinerxías cos nosos veciños so pode ser positivo para todos. Polo momento Manzano xa expresou o seu desexo de que a cousa se repita o ano próximo, pero á inversa: celebración en Asturias cun cociñeiro galego como premiado. Solla xa ten o premio dende 2012, terá que ser outro.

One thought on “Cónclave astur-galaico en A Estación

  • 18 de Marzo de 2013 at 09:38 09Mon, 18 Mar 2013 09:38:26 +000026.
    Permalink

    Hola, aquí al habla una medio gallega que está enamorada de Asturias y de Galicia y que cada año tiene el privilegio y el dilema de si elegir una u otra para las vacaciones. Ay qué bien se come por ahí, qué pan, qué todo..!
    Me gusta mucho tu blog, Miguel, siempre veo cosas muy interesantes, gracias, un beso!

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *