Frore do Carme, un viño extraordinario e lonxevo

Levaba algún tempo gardada e pensei que chegara o momento de abrila e así o fixen, non sen certo temor despois de caer na conta de que o tempo pasado era máis do que pensaba. Moito máis.

O resultado foi a constatación, unha vez máis, do ben que evolucionan no tempo os bos Rías Baixas. Un viño que conservaba toda a esencia do albariño, os seus aromas, o padal e a acidez necesaria para que seguramente poidera aguantar na botella algúns anos máis. Mágoa que era exemplar único e non vai haber comparación posible.

A botella da que falo era un Frore d o Carme de 2005.

Un viño excepcional cunha presentación extraordinaria nunha botella que lembra unha ánfora estilizada, con ilustracións de Xaime Asensi e tapón de vidro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *