Catorce locais premiados por Santiago(é)tapas en cinco edicións

Rematou o Santiago(é)tapas 2012 coa entrega de galardóns aos premiados correspondendo o primeiro premio ao Ravioli de boi de mar de A Tafona. O segundo premio foi para o Fish Coffee de O Curro da Parra e o terceiro para as Fabas de Lourenzá con cogomelos e algas de Acio.

Pola súa parte o público premiou a Crema callada de castañas con bombón de mirabeles, licor café e mandarinas do Puerta del Camino. Tamén concedeu o premio “(e)xcelente 12” a El Olivo.

O xurado estivo composto por dezanove membros: cociñeiros, profesores de escolas de cociña, xornalistas, patrocinadores, etc. destacando a presenza no xurado da final dos cociñeiros Pepe Solla, Flavio Morganti, Marco Varela e Alfonso Pendás, así como a directora do Centro Superior de Hostalería de Galicia e o director da escola de Lamas de Abade. Cabe salientar que once dos membros do xurado non participaran nunca antes no mesmo.

Despois de cinco edicións o palmarés do Santiago(é)tapas resulta salientable e nel teñen presenza un importante número de locais compostelanos, tanto de cociña tradicional como de autor ou creativa.

A primeira edición, celebrada en 2008 tivo os seguintes gañadores:

Premio do xurado: Sardiña de San Xoán (Acio), Cefalopodoespetada con alioli da súa tinta (Garum), Semáforo de verduriñas frías (Madam Ragú), Berberechos con patacas panadeira e cebola (Mesón de Lázaro), Arroz de Verín (Casal do Cabildo). Premio do público: Solombo de porco con cebola caramelada (Bokados Tapería).

En 2009 A Tafona ocupou a primeira posición dun cadro composto polos seguintes premios outorgados polo xurado: Papada de porco, cigaliña e limón (A Tafona), Empanada de polbo seco á chama (Ácio), Filloa O Catro (O Catro), Cubo crocante de atún con marmelada de tomate avainillado (Garum), Brocheta de luriñas con maionesa verde de algas e po de nori, (Taperia Castelao). Premios do público: Bacallau maravillau (Madam Ragú).  O premio “(e)xcelente 09″ concedido polo público foi para Madam Tagú

En 2010 o gañador foi o Calderón, compoñéndose así o cadro de premiados polo xurado: Xurelo afumado (Calderón), Queixo con marmelo (A Tafona), Mexilón con casca (Acio), Premio do público: Hamburguesa de xouba (Tapería Castelao.

En 2011 acadou o primeiro premio O Curro da Parra, cos seguintes premios do xurado: Bloody Mary made in Galicia (O Curro da Parra), Salpicón de pulpo, (Acio), Pescada sobre emulsión de chícharos, ceboliñas ao tomiño limoeiro e pataca confeitada. (Hotel Puerta del Camino). Bocado doce de vieira (Garum). Premio do público: Torrada con xeado de crema de augardente (A Tafona). O premio “(e)xcelente”, outorgado polo público, foi para Abastos 2.0.

En total catorce locais diferentes premiados en cinco edicións do concurso.

Polo que respecta ao xurado, nas cinco edicións pasaron polo mesmo 51 persoas diferentes.

Malia estes datos, hai quen anda difundindo o rumor de que o xurado sempre é o mesmo e que sempre gañan os mesmos locais. ¿Indocumentados ou malintencionados?. Pode que ambas cousas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *