Estrelas que nos deixan medio satisfeitos

A noite das estrelas Michelín deu satisfacción á metade dos desexos maioritarios dos galegos que seguen interesándose polo que sucede no entorno da guía vermella: Culler de Pau conseguiu a súa estrela e Pepe Solla terá que seguir agardando pola segunda.

Había moitos máis desexos, claro está. Os de todos aqueles que consideran que a súa proposta culinaria merece estar na guía vermella e os dos seus seguidores que as reclaman. E os de quen pensamos que en Galicia hai cociña suficiente para que o número de estrelados medrase en maior contía ou que vemos como Michelín se esquece un ano tras outros da nosa cociña máis tradicional para centrarse exclusivamente no meritorio labor dos cociñeiros máis innovadores.

Pero os galegos somos xente sensata e coñecemos o circo das estrelas mellor do que parece. Por iso a maioría estaba convencida de que so podíamos aspirar ás estrelas de Olleros e Solla. Conseguimos a metade do que críamos posible, que non é pouco. E hoxe Galicia ten máis estrelas que nunca e por segundo ano bate a súa marca.

O ano que ven iremos a pola ducia, que si é ducia de cura, é dicir, trece estrelas, mellor.

3 thoughts on “Estrelas que nos deixan medio satisfeitos

  • 23 de Novembro de 2012 at 14:14 02Fri, 23 Nov 2012 14:14:24 +000024.
    Permalink

    Chamoume moito a expresión de “ducía de cura”, non sei se é un dito tradicional ou é túa, pero se non che parece mal, pois vouna gardar a ver se a dou usado algunha vez!

    Reply
  • 24 de Novembro de 2012 at 13:17 01Sat, 24 Nov 2012 13:17:38 +000038.
    Permalink

    O da ducia de cura leínllo a Camilo José Cela. Non creo que nos reclame por usala.
    Chef Rivera contoume que Cela, moi amante das ostras, chámoulle un día a atención públicamente no comedor do restaurante. “José Antonio, estas ostras están mal” lle dixo en voz o bastante alta para que o escoitara todo o mundo.
    Cando Chef Rivera se achegou para asegurarlle que eran fresquísimas Cela sigueu en voz alta: “Están mal contadas, hay trece”. A el tamén lle servían ducias de cura.

    Reply
  • 25 de Novembro de 2012 at 16:43 04Sun, 25 Nov 2012 16:43:52 +000052.
    Permalink

    Un saludo cordial don Miguel.
    La cocina tracional gallega con estrella esta en Madrid.Aqui es la “franquicia” la que “dirige y sugiere ” a los inspectores.
    un saludo cordial quique martinez.

    Reply

Deixa una resposta a Xose Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *