[lang_gl]Olivas[/lang_gl][lang_es]Aceitunas[/lang_es] de Monterrei

Aceitunas

Foi unha moi grande e moi agradable sorpresa abrir o tarro de olivas da fotografía e meter unha na boca. Un produto moi destacable: olivas de gran tamaño, cun delicioso aderezo, moi doces, co punto xusto de sal… e por derriba son galegas, das terras de Monterrei, segundo reza na etiqueta.

Son tan boas, pero tan, tan boas estas olivas que me costou aceptar que en Galicia se puidera producir unha oliva de mesa das súas características e chamei a quen mo podía contar todo: o produtor.

Houbo unha segunda sorpresa. Detrás da marca Eidos de Iria está un xornalista ourensán, que durante anos foi unha das caras dos deportes no extinto canal CNN: Pepe Barroso.

Hai sete anos, Barroso fixo unha plantación de oliveiras en Monterrei, das que quedan unhas 7.047, despois de que lle roubaran un par de ducias delas. Plantaron oliveiras con tres anos de vida, polo que xa cumpriron un decenio, prioritariamente dunha variedade que inicialmente Barroso se nega a desvelar e que finalmente di que procede de Italia, en concreto de Calabria. Deixamos aí a cousa porque a min o que me interesa é a oliva despois de sacala do tarro.

Á plantación unirase outra de 210 oliveiras no Xurés, espazo pouco axeitado para este fin, segundo Barroso, a causa do enorme minifundismo reinante, polo que as 210 oliveiras se reparten en diversas fincas con entre 15 e 30 árbores. Na preparación da terra para estas plantacións colaborou outro senlleiro produtor do Xurés, Antonio Dacuña, produtor de queixos de cabra, que proporcionou o esterco.

A meirande parte da produción de Eidos de Iria destínase a olivas de mesa. Na última colleita foron 11.400 quilos a este fin, mentres so produciu pouco máis de 4.700 litros de aceite.

Barroso é consciente de que as olivas son a súa xoia. “O aceite non aporta nada diferente de calquera outro aceite de oliva de calidad, salvo que é galego. Pero as olivas teñen unha calidade excepcional”.

En Galicia nin hai almazaras nas que elaborar o aceite nin tradición, polo menos reciente, de elaboración de olivas, polo que na última colleita o aceite fíxose en Osca e as olivas en Madrid, onde reside Barroso. Este ano o aceite tamén se fará en Madrid.

Segundo Barroso, a fórmula do aderezo das olivas procede dun cociñeiro que prefire seguir no anonimato, pero que non é galego. E só leva vinagre, pementón, pemento, allo e ourego, así como “zume de anchoa” que é como, desafortunadamente na miña opinión, denominan na etiqueta ao aroma artificial de anchoas.

O tarro de 450 gramos de produto escorrido costoume 3,75 euros. Se atopan algún non o deixen escapar, que polo momento a última colleita está esgotada.

5 thoughts on “[lang_gl]Olivas[/lang_gl][lang_es]Aceitunas[/lang_es] de Monterrei

  • 12 de Setembro de 2012 at 11:48 11Wed, 12 Sep 2012 11:48:48 +000048.
    Permalink

    HOLA MIGUEL.
    SOY UNA GALLEGA QUE VIVE EN MADRID. CUANDO COMPRÉ ESTAS ACEITUNAS Y LAS PROBAMOS VIENDO A ESPAÑA GANAR LA EUROCOPA, TODOS NOS QUEDAMOS MARAVILLADOS. EN UN VIAJE RECIENTE AL GÊRES GALLEGO, UN VECINO NOS MOSTRÓ TODAS LAS PARCELAS MINIFUNDISTAS CON LOS OLIVOS DE ESTA EMPRESA Y QUEDAMOS PRENDADOS…ADEMÁS DE LO BUENAS QUE ESTÁN, DONDE LAS PRODUCEN Y CÓMO ES TAN ESPECTACULAR QUE NO TIENEN PRECIO

    Reply
  • 17 de Setembro de 2012 at 15:14 03Mon, 17 Sep 2012 15:14:37 +000037.
    Permalink

    Miguel, olvidas lo más importante: ¿dónde encontramos esto? Danos pistas, anda.

    Un abrazo

    Manuel Bustabad

    Reply
  • 17 de Setembro de 2012 at 16:45 04Mon, 17 Sep 2012 16:45:41 +000041.
    Permalink

    Gracias, Cuina Cinc.
    Manuel, las de la foto las compré en la plaza de abastos de Santiago. Un puesto en el extremo de una de las naves, hacia Santa Clara. Por lo que me dijo Barroso en origen están agotadas y no habrá hasta octubre, pero en la plaza quedaban más.

    Reply
  • Pingback: Aceitunas – Sin Objetivo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *