Queixo da Capela con chourizo

Queso

Como cada último domingo de agosto, A Capela acolleu a Festa do Requeixo, que chegaba á súa edición número 24 co mesmo éxito de todos os anos a pesar da crise que vivimos.

Pero non vou falar de requeixo, que xa o fixen moitas veces (quen desexe refrescar a memoria non ten máis que poñer a palabra requeixo no buscador do blog). Falarei, pois, das novidades que presentou na mesma a Cooperativa do Campo da Capela, produtora do requeixo e alma mater da festa: queixos con chourizo e noces do país, e licor de requeixo.

A presentación do queixo con noces foi, en realidade, virtual, xa que non puideron elaboralo por non atopar a tempo noces do país e negarse a elaboralo coas procedentes doutras latitudes, incapaces de asemellarse á calidade das nosas. Queda, pois, pendente a proba dese novo queixo.

Si estivo na festa o queixo con chourizo da fotografía. O tradicional queixo tipo país que elabora a Cooperativa con leite cru (como todos os seus produtos), mesturado con chourizo do país. Elemental pero moi funcional para, por exemplo, un aperitivo. Sempre, claro, na compaña dun bo pan, coma o de Neda que estaba no campo da festa.

Tamén se presentou na festa un licor certamente sorprendente: o de requeixo. En realidade elaborado co soro resultante da elaboración do requeixo, augardente, herbas e vainilla. Un produto singular sobre o que haberá que volver, xa que esta non é máis que unha crónica de urxencia.

E non faltou a manteiga que elaboran a partir de nata de leite cre e que en nada se distingue da caseira que reclamaba no post anterior. Si acaso, a de A Capela ofrece auténticas garantías sanitarias
Mantequilla

3 thoughts on “Queixo da Capela con chourizo

  • 27 de Agosto de 2012 at 09:28 09Mon, 27 Aug 2012 09:28:25 +000025.
    Permalink

    Como comenté en FB el tema del queso con con el chorizo dentro despierta un poco mi escepticismo. No porque vaya a estar malo, sino porque me parece que no va a mejorar un buen aperitivo de queso y chorizo plato a plato, mano a mano. Y si es para el bocadillo y viendo la foto… me parece demasiado queso para tan poco chorizo.
    Claro que ya digo, que no me parece malo ni mala idea. Si puedo lo probaré.

    El de nueces me interesa más, puesto que probablemente el ratio de nueces/queso para un bocadillo y el hecho de que al partir el queso ya se hace también lo propio con las nueces (y no sobran ni faltan nueces por ejemplo) lo veo muy práctico.
    En todo caso, aplaudo a la Cooperativa do Campo de A Capela y en general a quienes inventan, proponen y avanzan. Eso por supuesto, que lo fácil es quedarse con lo que ya hay y así seguro que no me equivoco.
    Un saludo.

    Reply
  • 27 de Agosto de 2012 at 21:25 09Mon, 27 Aug 2012 21:25:52 +000052.
    Permalink

    Dou fé de que a manteiga de A Capela é excepcional. Pero sempre teño que andar a procurar a tradución. Tiña a esperanza de que desta vez se tratase de “manteca” e non de “mantequilla”……

    Reply
  • 28 de Agosto de 2012 at 20:41 08Tue, 28 Aug 2012 20:41:06 +000006.
    Permalink

    Starbase, el queso está muy bueno y la cantidad de chorizo me parece suficiente.
    eSedidió, falo de “mantequilla” para untar na torrada, non de manteiga cocida para facer a bica. Esa si é “manteca”

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *