Roscas de romera

Rosquillas

En xullo e agosto Galicia enteira é unha romaría, e non hai romaría que se prece sen os correspondentes postos de rosquilleiras nos que se venden roscas e rosquillas de moi diversos tipos, inda que poidan parecer todas iguais. Unhas son brancas e outras amosan unha bonita cor dourada. Hainas cubertas de azucre e outras sen el. Unhas levan ovos na súa composición e noutras non. Na meirande parte dos casos o anís é ingrediente fundamental, pero non sempre.

En A cociña galega Cunqueiro dedícallles so un párrafo, pero ben saboroso, incluíndo receita ao seu modo das roscas de viño tinto, e decántase por acompañar as roscas cun bico de tostado do Ribeiro.

A min gústanme todas, pero de maneira moi especial as de Cristaleiro (Gondomar) que se atopan en moitas romarías, e as de Aurita (Lalín) que é máis doado atopar polo Deza. Ambas con ovos e sen anís.

A foto reflicte un bo posto de roscas na romaría de Santa Minia (Brión), que se celebra cada 27 de setembro.

3 thoughts on “Roscas de romera

  • 22 de Agosto de 2012 at 22:47 10Wed, 22 Aug 2012 22:47:08 +000008.
    Permalink

    No son mi dulce favorito de Galicia, porque a mi me gusta más lo húmedo y pellizcable. Pero es muy bonito encontrarse esos puestos con las roscas ensartadas 🙂

    Reply
    • 05 de Marzo de 2019 at 15:31 03Tue, 05 Mar 2019 15:31:34 +000034.
      Permalink

      No encuentro receta alguna de estas roscas por internet. Me gustaría. Molan porque son secas y sin aceite de la fritura, supongo que hechas en horno. Las oscuras ¿con qué las harán?

      Reply

Deixa una resposta a starbase Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *