Compostela en Tripadvisor

O certo é que non reparara nunca nas calificacións outorgadas aos restaurantes de Compostela en TripAdvisor e se o fixen foi pola polémica desatada arredor deste asunto.

Non vou entrar en polémicas, senón apuntar algúns datos que me chamaron a atención.

En primeiro lugar o importante número de persoas que votan por locais sobre os que falan e escriben con frecuencia. É fácil presupoñerlles lazos de amistade ou afinidade cos responsables de ditos locais, pero iso non debe ser obstáculo para expresar unha opinión sincera e honesta. Como en case todos os casos coincido coas opinións que expresan, non creo que teña moita importancia.

Si me parece importante que algúns locais aparezan duplicados na lista, o que supón que os votos se dividan por dous e desvirtúa a lista. Nunha ollada rápida atopei tres restaurantes duplicados e nun dos casos a diferenza é notable, xa que existen 45 postos de distancia entre a primeira aparición e a segunda.

O que máis me descoloca é que un burguer, con so dúas opinións, se coloque por diante de restaurantes tan emblemático en Compostela como Casa Domínguez, Calderón, Don Quijote ou Casa Camilo.

Parece que algo falla.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *