Tomate Negro de Santiago

Tomate Negro de Santiago

“A culpa é túa”, díxome onte un dos catro produtores de tomate Negro de Santiago que hai actualmente en Galicia. Nunca ser culpable me soubo tan ben.

Coa súa acusación, evidentemente esaxerada, lembraba a conversa telefónica que mantivemos cando me chamou para preguntarme sobre esa variedade de tomate, cuxa semente ofreceran á cooperativa O Val e que era completamente descoñecido para eles, tanto que me pediron fotografías dos tomates para coñecer polo menos o seu aspecto.

Ao parecer fun moi convincente nas miñas opinións sobre o tomate que probara a finais do verán de 2011. E eles moi confiados. Tanto que agora o proceso que levou o Negro de Santiago aos andeis dos Gadis pareceme un acto de fe por parte da cooperativa e da cadea de supermercados. Lanzarse a producir e comercializar algo que non se coñece é, sen dúbida, arriscado, pero o futuro é dos que arriscan con éxito.

Afortunadamente, parece que os consumidores están respondendo moi satisfactoriamente, ata o punto de que a día de hoxe a cooperativa non ten capacidade para subministrar todo o tomate que o mercado demanda e quizais por iso o supermercado incrementou o prezo, nos últimos días, de 2,95 a 3,30 euros por envase de 650 gramos (pouco máis de cinco euros o quilo).

Como dicía, este ano so catro agricultores están a producir Negro de Santiago, nunha superficie de aproximadamente 1.000 metros cadrados de invernadoiro. Pero para o ano que ven xa son moitos os asociados que queren traballar esta variedade, e o incremento da produción no so permitirá chegar con el a moitas partes de Galicia onde hoxe non está senón que posiblemente tamén chegue a outros mercados españois. Unha gran cadea de distribución presente en toda España está interesada no tomate, segundo representantes da cooperativa.

Na presentación aos profesionais, que tivo lugar en Casa Pendás, so escoitei loubanzas á calidade do produto. Penso que os cociñeiros presentes no acto van incorporar o Negro de Santiago á súa despensa de inmediato, inda que botei de menos a moitos cociñeiros que deberían estar alí e non compareceron malia estar convidados.

En calquera caso, o mellor da presentación foi ver como un rapaciño, fillo de cociñeiros, comía tomate sen parar sen máis engadido que unhas areas de sal. Seu pai era o primeiro sorprendido por aquela paixón infantil. O rapaz marchou contento coa súa bolsiña contendo dous paquetes de tomates e un de pementos do couto e o aviso ao proxenitor de que tería que mercar máis cando rematase aqueles tomates. Eu marchei encantado de ver como a cooperativa poñía un gran de area máis na recuperación da mellor calidade para os nosos produtos de horta. E feliz cos meus dous envases de tomates e un de pementos do Couto, que é todo o que saquei, e penso sacar, deste asunto.

11 thoughts on “Tomate Negro de Santiago

  • 07 de Agosto de 2012 at 12:17 12Tue, 07 Aug 2012 12:17:23 +000023.
    Permalink

    Noraboa a todas as persoas que teñen participado neste proceso de recuperación dunha variedade local, como é o Negro de Santiago. En primeiro lugar, noraboa ao produtor/agricultor que ten conservado esta variedades ata os nosos días e ten intensificado estas características que agora levantan as paixóns das persoas que o proban. Noraboa ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo por ter un Banco de Sementes público e asegurar a conservación do noso patrimonio xenético vexetal. Noraboa aos Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia que participan no proxecto de cooperación “Nuevos Horizontes” (wwww.proyectonuevoshorizontes.blogspot.com) por ter identificado esta variedade de tomante, como unha variedade con un gran potencial, sacalo do “museo” e trasladalo aos produtores para que teñan posto en marcha as súas parcelas experimentais, por facer difusión e trasladar as súas características aos consumidores artellando xornadas de degustación como a que se ten organizado polo GDR Mariñas-Betanzos, na Aula de Cociña Portomuiños, o polo GDR Costa Noroeste na Casa Pendás. Estos Grupos de Desenvolvemento Rural teñen conseguido a conexión entre Centros de Investigación, produtores, consumidores, expertos en gastronomía, distribuidores, e que hoxe en día este produto sexa unha oportunidade tamén para a xeración de emprego no medio rural.

    Reply
  • 11 de Agosto de 2012 at 10:32 10Sat, 11 Aug 2012 10:32:54 +000054.
    Permalink

    Non sabe o que lamento dicrepar, aínda que sexa unha soa vez. Eu estaba á espera de comprar o negro (xa sabía del por medio dos ensaios en Mabegondo) e por fin atopeino no gadis da miña vila. O resultado: totalmente prescindíbel. Depois de moito escoller nos diferentes envases(había algún que contiña tomates en claro estado de deterioro) fun dar con un que contiña tres piezas, unha delas de tamaño “razoábel” e as outras dúas minúsculas (máis minúsculas aínda se temos en conta que ten bastante destrío por mor da forma do ápice). E, das tres, só unha en punto de maduración. A máis de cinco euros o kilo paréceme unha forma bastante tonta de botar a perder unha boa idea. O menos que se lle pode pedir é que as pezas veñan calibradas. Degraciadamente convertínme nun máis dos que probaron e non van repetir.

    Na miña opinión, se non hai produción abondo non ten sentido comercializar vía gran grupo de distribuión, pero eles saberán…..

    Un saúdo.

    Reply
  • 13 de Agosto de 2012 at 08:52 08Mon, 13 Aug 2012 08:52:30 +000030.
    Permalink

    En resposta a Esedidió, e como membro do Consello Rector da Cooperativa do Val-Narón que somos quenes producimos e comercializamos o Tomate Negro de Santiago, antes de nada agradecerche que mercaras os Tomates, lamentar que non se cumpriran as expectativas que tiñas postas neles e gracis polo teu comantario, pois todo nos sirve para mellorar. Despoís gustarianos facer algunhas consideracións acerca do seu comentario:
    1º-Hai que pensar, antes de nada que tratase dunha variedades autóctona, casi salvaxe, non comercial nin híbrida, co que non lle podemos pedir uniformidade nin no calibre, nin no grao de maduración xa que cada planta ten un comportamento totalmente distinto das outras, nin de duración(non e un tomate long-life) , o que lle pedimos a este tomate e que teña sabor como os de antes, e por sorte teno e moito.

    2º-Somos unha pequena cooperativa que estamos intentando apostar polo producto tradicional e autóctono, por darlle valor o agro e o producto galego e que pode que cometamos algún erro sobre todo o principio, pero hai que ter en conta que estamos a falar dun producto novo e non sabemos cal vai ser o seu comportamento no mercado, por eso agrdecemos o teu comentario para seguir mellorando.

    3º-En canto o prezo, non nos queda mais remedio que poñerlle un prezo alto, o ser unha varieadade autóctona non produce tanto, ten moitos froitos que non valen para comercializar por estar tardos, e menos resistente as enfermidades, co que o número de baixas entre as plantas e moi alto, ten moitísima má de obra xa que o ser un tomate autóctono e non domesticado hai que estra constantemente facendo labores de poda nel, e un tomate moi delicado polo que hai que envasalo manualmente, xa que pensamos que a granel estragaríase, de hai que ten ese precio, pero que pensamos que o sabor do tomate o compensa.

    4º- En canto a distribución, para unha pequena cooperativa o coste da distribución fora dos grandes grupos e totalmente inasumible polo coste que supón ir tenda a tenda sóo con seis ou sete artigos que producimos, a parte da desventaxa que partimos con moitos dos proveedores que atenden o comercio tradicional, xa que nos todo o que temos está acreditado tanto ca sua trazabilidade, como ca sua factura con IVE, non temos nada en B, pasamos constantes inspeccións tanto de residuos fitosanitarios, como de orixen dos productos, como de sanidade co que todo eso repercutese no precio pero tamén na garantía dos nosos artigos.

    Por último agradecerche de novo o teu comentario e invitarte cando queiras a visitar as nosas instalacións e coñecer mais polo miudo o noso proxecto que de seguro faceríache ver doutro xeito o Tomate Negro de Santiago.
    Podes poñerte en contacto con nos no E-mail horta@cooperativaoval.com

    Reply
  • 13 de Agosto de 2012 at 12:45 12Mon, 13 Aug 2012 12:45:03 +000003.
    Permalink

    Boas, Carlos: En primeiro lugar agrader o ton. En segundo, lamentar a miña impertinencia. E, en terceiro, dicirche que te contesto vía o voso e-mail. Continúo a estar en desacordo, pero non quero nin por un momento que a miña discrepancia poda servir para botar pedras no voso tellado, que non o merecedes.

    Un saúdo.

    Reply
  • 13 de Agosto de 2012 at 15:10 03Mon, 13 Aug 2012 15:10:34 +000034.
    Permalink

    Fiel ao prometido no meu mail fun de novo ao Gadis (e xa van tres) á procura do raio do tomate neghro. Resultado: desta 5 pezas por envase, pequerrechos pero de similar calibre e madurez. Aberto un e comido a mordiscos, como cómpre. Aínda estou flipando. Se é posíbel, don colineta, bórreme o primeiro comentario, que non vou durmir polas noites.

    E esta tarde, se tal, vou a por máis.

    Reply
  • 13 de Agosto de 2012 at 20:48 08Mon, 13 Aug 2012 20:48:10 +000010.
    Permalink

    Una curiodidad, la cooperativa hace cultivo ecologico? Se distribuye fuera de lis Gadis? He probado los tomates, y son muy buenos, felicidades y suerte.

    Reply
  • 03 de Setembro de 2012 at 20:08 08Mon, 03 Sep 2012 20:08:16 +000016.
    Permalink

    Enhorabuena por el éxito, a la cooperativa y a Colineta.

    Y me pregunto yo, ¿qué podemos hacer los que lo queremos plantar en casa? ¿dónde podemos conseguir semillas o plantas? Aunque supongo que la temporada será igual que la de los demás tomates, ¿verdad?

    Felicidades por el éxito

    Manuel Bustabad

    Reply
  • 05 de Setembro de 2012 at 08:34 08Wed, 05 Sep 2012 08:34:53 +000053.
    Permalink

    Manuel, el éxito corresponde exclusivamente a la cooperativa. Yo me limité a expresar mi opinión sobre los tomates que probé el año pasado, y creo que cualquier otro habría dicho lo mismo.
    Desconozco como puedes hacerte con semilla o plantas, pero imagino que de momento no será fácil.

    Reply
  • 09 de Xaneiro de 2013 at 22:44 10Wed, 09 Jan 2013 22:44:26 +000026.
    Permalink

    SOY DE LA PROVINCIA DE NEUQUEN, ALLA EN LA PATAGONIA ARGENTINA. Y LES ESCRIBO PARA SABER SI EXISTE ALGUNA POSIBILIDAD DE CONSEGUIR SEMILLAS DEL TOMATE NEGRO DE SANTIAGO. DESDE YA LES AGRADEZCO LA AMABILIDAD DE DARME LA OPORTUNIDAD DE COMUNICARME CON UDS. AFECTUOSAMENTE. BEATRIZ

    Reply
  • Pingback:Ensalada de Tomate Negro de Santiago | Mesa de Pedra

Deixa una resposta a eSedidió Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *