Troitas, reos e salmóns

O 24 de xullo de 1992 a Xunta de Galicia decidiu poñer en práctica o dito que fala de que quen queira troitas debe mollar as bragas. Nesa data aprobouse a lei de pesca fluvial de Galicia que, no seu artigo 35, establece que é una falta moi grave a comercialización de toda especie de salmónidos en calquera época do ano, cando non procedan de centros industriais. Quedaba prohibida a comercialización de troitas, reos e salmóns que non procedesen de piscifactoría. Amolar, amoloume ben a norma.

Pero pasaron catorce anos, e unha chea de multas a restaurantes e, polo que se ve na foto a pescadeiros, (a falta es grave, con sanción entre 3.000 e 30.000 euros), pero algúns parece que aínda non se enteraron e, ano tras ano, a guía turística da Asociación de Empresarios de Hostelería de Lugo segue a meter salmóns e troitas, de río, entre as especialidades de certas zonas da provincia.

A guía de 2012 ofrece un menú por cada comarca segundo o cal na zona da Pontenova podemos degustar as troitas e salmón do río Eo, troitas que se repiten polas terras de Meira. Na Ulloa as troitas serán dos ríos Ulla e Pambre. Tamén hai troitas por Sarria e Os Ancares e O Caurel, inda que como aquí non especifican o río podemos pensar que serán de piscifactoría.

É, como digo, a guía da asociación de hostaleiros que, supoño, se converte en referencia para moitas outras guías, webs e blogs, polo que debería ter un especial coidado co que publican.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *