Xornadas de degustación de carne de boi en Allariz


De vez en cando hai que preocuparse dos seus fillos“. É a resposta de Flavio Morganti á pregunta de qué fai o defensor das vacas preparándose para cociñar boi para uns 1.600 comensais.

Si, leron ben: 1.600 comensais son os que se agardan nas “Xornadas de degustación de carne de boi” que terán lugar en Allariz entre o 25 de xullo e o 5 de agosto. O programa inclúe dúas comidas para 400 comensais cada unha e unha espetada na que poderían participar arredor de 1.000 persoas.

“Túzaro”, “Raposo” e “Carrizo”, bois de razas autóctonas galegas e entre seis e sete anos de idade, levan meses nos montes da Serra de Penamá, onde son criados para esas xornadas de degustación, coas que o concello de Allariz pretende establecer unha estratexia local de gastronomía especializada. Allariz é escenario, cada mes de xuño, da Festa do Boi, unha das poucas, senón a única, festa galega na que os mozos corren diante, detrás e arredor dun boi, axeitadamente atado e, claro está, puteado. Nun grado diferente, xa que en Allariz non hai feridas nin morte, a festa do Boi lembra ás touradas que se celebran por España adiante e na que os animais se empregan exclusivamente para diversión dos humanos. Os antitaurinos galegos deberían empezar a pedir tamén a suspensión desta festa.

Pero a cuestión deste post son esas xornadas de degustación. Os tres bois que se están criando serán sacrificados a finais de xuño e cociñados un mes despois.

Como ben dixo Flavio na entrevista que lle fixemos na Cadena Ser, non se trata so de aproveitar os chuletóns, senón de valorizar toda a carne do animal con diversas preparacións. O menú que se servirá nas comidas dos domingos 29 de xullo e 5 de agosto é impresionante. Vexan:

Empanada caseira con fariñas autóctonas e delicia de boi

Carpacho de boi de Allariz con parmesano e champiñóns

Tartar clásico picado a coitelo

Ensalada tibia de carne de boi ao caldeiro.

Concentrado natural de caldo de boi

Albóndegas con tomate aromatizado

Estufado en concentración de mencía e albaca

Gulasch con pimentón da Vera

Puré de patacas da Limia

Hamburguesa gourmet de boi de Allariz

Roast beff con salsa e ensalada de tempada

Chuletón e lomos á prancha

Patacas fritas

Queixo do Rexo con confit de marmelo

Amendoado de Allariz

Bicas de Allariz

Arroz con leite

Viños do Riberio e Monterrei

Café de licores.

Todo por 59 euros.

A espetada da que xa falamos terá lugar o 3 de agosto e por 10 euros servirán pincho de boi á grella, pan e viño ou cervexa.

Tamén haberá tapeo nos bares de Allariz e un concurso amateur de cociña con carne de boi.

¡Como nos imos a poñer!

One thought on “Xornadas de degustación de carne de boi en Allariz

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *