Ourense y O Grove, enfrentados polo marisco

Ourense y O Grove andan reñidos estes días pola denominación dunha festa na que se despacha marisco. Os arousáns reclaman para si a denominación de “Festa do Marisco”, que supoño terán rexistrada, e os ourensáns responden pedindo desculpas e cambiando “o” por “e” para celebrar a Festa de Marisco. ¡Olé!.

O curioso do caso é que nin ourensáns nin mecos parecen preocuparse polos consumidores.

No cartel da festa ourensá ofrécense tres tipos de marisco que a día de hoxe están en veda en Galicia: lumbrigante, nécora e centola. Así que digo eu que o que van vender na fin de semana é lumbrigante canadense (o escocés é moito mellor pero tamén moito máis caro) e nécora irlandesa, por exemplo. Poderían vender centolo galego, que está en veda dende o 1 de xuño, pero a veda non afecta ao que se atopa previamente nas cetáreas. Onte consultei cun experto no tema e díxome que nunha boa cetárea as centolas pódense manter vivas ata un mes, pero que cada día que pasa perden carne e calidade.

As vieiras tamén están en veda, así que de ser galegas serán conxeladas, e se non son conxeladas serán de importación.

Ademais da denominación da festa, os ourensáns pediron desculpas por empregar o nome alleo na “Gran Mariscada ‘O Grove'”: 1 boi, 2 nécoras, 2 vieiras, mexillóns e berberechos ao vapor e langostinos. Nin se sabe de que ría austral virán estes últimos.

A festa lémbrame aquelas alien-centolas de antano.

¡Ai, que cabeciñas!

One thought on “Ourense y O Grove, enfrentados polo marisco

  • 13 de Xuño de 2012 at 17:10 05Wed, 13 Jun 2012 17:10:58 +000058.
    Permalink

    O Concello do Grove non ten rexistrado ese nome de Festa do Marisco, entre outras razóns (na que non é menor o tradicional desleixo dos seus gobernantes…) porque non é rexistrable; como tampouco podes rexistrar marcas do tipo Festa da auga, Festa do viño, do pan ou da lura. Son nomes comúns que pertencen á comunidade e dos que ninguén pode apropiarse no rexistro de marcas e patentes. Outra cousa sería poñerlle Festa da auga de Caldelas de Tui. Esa guerra de nomes é propia de hosteleiros con escasa ilustración.
    O marisco que venden en Ourense e no Grove é transnacional, conxelado, de escasa calidade. Por cinco euros a ración, cres que poden darche un prato de marisco da ría? non oh! nin sequera de caramuxos!

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *