Ribadeo de Tapeo 2012, tapas premiadas

Rolo de tenreira con verduriñas e puré de pistachos.

A fin de semana pasada rematou a sétima edición do concurso de tapas Ribadeo de Tapeo. Parece que nos últimos tempos os cociñeiros se centran máis na presentación, chegando a montar auténticos espectáculos, que na substancia das tapas. Unha boa presentación é importante cando a tapa resulta saborosa e equilibrada, pero non amaña un desaguisado culinario.

Nesta edición os premios do xurado foron para as seguintes tapas:

1º premio: Rolo de tenreira con verduriñas e puré de pistachos en salsa agridoce, do restaurante A Dorada do Cantábrico. Unha tapa-menú, composta de crema de verduras, carne, ensalada e sobremesa. Notable o puré de pistachos.

2º premio: Libriño das letras galegas, do restaurante La Solana. Un libriño de pasta filo rechea de migas de marisco e un chupito de crema de nécoras. Moi bo o libriño.

3º premio: Da batea á lata, de Sala Kursal. Dous impresionantes mexillóns envoltos en xelatina sobre unha cama de confitura de tomate.

Libriño das letras galegas

Libriño das letras galegas

Da-batea-á-lata-(Kursal)-b

Da batea á lata

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *