¿Que é e que non é “galego”

O Dicionario da Real Academia Galega define “galego-a” como “De Galicia ou dos seus habitantes” e pon como exemplo “viño galego”. O Diccionario da Real Academia Española define “gallego-a” como “Natural de Galicia” e tamén como “Perteneciente o relativo a esta comunidad autónoma de España” e pon como exemplo “caldo gallego”.

Curioso que ambas academias usen exemplos culinarios  pero ¿en materia culinaria qué é galego?. Levo meses ou anos dándolle voltas ao asunto e non son capaz de chegar a unha conclusión clara porque sempre hai cousas que andan no gume da cuestión sen caer claramente cara un ou outro lado.

Saco o tema a colación porque no mesmo día se presentan en Santiago dúas xenebras que pretenden ser galegas. Nos dous casos son iniciativas de empresarios galegos asentados en Galicia. Nun dos casos todo o proceso de elaboración se leva a cabo en Galicia. No outro a destilación do alcohol que serve de base á preparación procede de Andalucía. ¿Podemos calificalas de “galegas” ás dúas?¿Só á primeira?¿A ningunha das dúas?¿por qué?.

Imos, antes de tentar dar as miñas respostas a esas preguntas, con outro asunto que tamén vai ao caso. En Galicia, como en España e no resto da Unión Europea, empregamos dous sistemas de garantía dos produtos agroalimentarios coñecidos por todos: as denominacións de orixe e as indicacións xeográficas protexidas.

Hai notables diferenzas entre ambas, que non vou explicar aquí para non aburrir. Interésame a esencia: as D.O. están vinculadas a un territorio máis ou menos reducido no que se produce e transforma o alimento protexido. No caso das IXP o territorio pode chegar a ser a totalidade da comunidade autónoma, pero so se obriga a que parte das materias primas ou do proceso de transformación se realice nese territorio.

Con esta explicación tan simple poderíamos dicir que a primeira das xenebras podería optar a unha denominación de orixe e a segunda a unha indicación xeográfica protexida. Pero ambas figuras de protección demandan algo máis: un vínculo claro co territorio. É dicir, hai que demostrar que se trata de produtos tradicionais (e xa ven outro problema, definir cando empeza algo a ser tradicional ¿chegou o churrasco a ese punto?) e arraigados no territorio e na cultura das súas xentes.

Ese vínculo é o que fai, por exemplo, que a Tarta de Santiago dispoña dunha IXP galega inda que dúas das tres materias primas fundamentais que a compoñen (améndoa, azucre e ovos) non se produzan en Galicia e, coas mesmas condicións, non poida optar á IXP a xenebra elaborada en Galicia a partir dun destilado procedente de Andalucía. Afortunadamente no sector téxtil non hai IXP, que de habelas teríamos un problema coa roupa fabricada por Zara en calquera país de Indochina, xa que aquí se fai parte do proceso (inda que so sexa pensalo) e ademais temos unha clara tradición téxtil. Traio aquí á empresa de Inditex con toda intención, xa que chamo “modelo Zara” a o tipo de negocio consistente en pensar en Galicia o produto, o marketing e a comunicación, producilo polo mundo adiante (normalmente onde sexa máis barato) e vendelo despois coa etiqueta “Galicia” explícita ou implícitamente.

O modelo Zara estase estendendo no mundo das xenebras (Platú, Entropía, ChicGin están incluídas), como antes o foi no das cervexas (Gallaecia finalmente recoñeceu que a cervexa ven da República Checa) ou no do marisco, que ás veces chega ao mercado cunha etiqueta na que a localidade galega na que está a depuradora aparece en letra grande e a localidade de onde procede o marisco (de fora de Galicia) en pequeniña.

Pero a elaboración en Galicia dun produto no que unicamente se empreguen materias primas galegas tampouco me parece suficiente para que o denominemos “galego”. Aquí temos todo o necesario para facer unha boa fabada asturiana. Ou unha tempura xaponesa. Ou un gazpacho, De feito en Galicia fanse fabadas e tempuras e gazpachos, con materias primas galegas e non os consideramos “produtos galegos”.

Así que cada vez me  inclino máis polo arraigo, polo vínculo con Galicia e os galegos para considerar “galego” un produto. Claro que os vínculos sempre nacen nun momento determinado e se van afianzado ao longo do tempo.

Así, as patacas que chegaron de América (antonte en términos históricos) teñen un claro vínculo coa cociña galega. Como o ten o pemento co que preparamos o polbo á feira e a nosa salsa nacional, a allada. Ou as améndoas que forman parte da nosa repostería ata o punto de que non hai comarca que non teña un doce propio feito con elas. E así tantas cousas que nos chegaron de fóra (e que nos seguen chegando nalgún caso) pero que fixemos nosas. Coma os grans do licor café. O licor café ten “vínculo”. A xenebra, polo momento, non.

Naturalmente, estou máis propenso a chamarlle “galega” a unha xenebra como Nordés, que elaboran galegos, destílase en Galicia, ten como base un viño albariño e botánicos recollidos en Galicia, que outras nas que se parte de alcohois destilados en Inglaterra ou en Andalucía.

Pero, finalmente, ¿qué é un produto galego?. Para min é o que se produce en Galicia con materias primas galegas e con arraigo entre nos. Naturalmente, admítense produtos de fóra cando aquí non existen e sempre que exista o arraigo xa indicado.

E ao resto, ¿cómo lle chamamos?

6 thoughts on “¿Que é e que non é “galego”

  • 25 de Maio de 2012 at 19:57 07Fri, 25 May 2012 19:57:10 +000010.
    Permalink

    Pues yo creo que se le puede llamar gallega a toda aquella que se produzca en Galicia si es con materias primas gallegas. Si no será una empresa gallega con un producto no gallego, ¿no?

    Sería como si una empresa asturiana que compra la leche en Galicia dice que su leche es asturiana (creo que he abierto la caja de Pandora) :-DD

    Ahora que para concederle una DO o IGP o similar tendría que ser un concepto gallego además de un producto parcial o totalmente gallego, y eso en ningún caso lo será una ginebra, que es un concepto inglés (eso creo, vaya).

    Un abrazo

    Manuel Bustabad

    Reply
  • 25 de Maio de 2012 at 20:01 08Fri, 25 May 2012 20:01:18 +000018.
    Permalink

    Pero entonces el pulpo a feira no es gallego porque el pimenton viene de fuera, lo mismo que la almendra y el azucar de la tarta de Santiago

    Reply
  • 25 de Maio de 2012 at 20:18 08Fri, 25 May 2012 20:18:30 +000030.
    Permalink

    Bueno, pero la receta es gallega, y la de la ginebra no. Y tiene arraigo, como tú dices.

    Pero claro, los chorizos gallegos no serían gallegos, porque el pimentón no lo es y la receta tampoco es de aquí (¿o sí?).

    Ya me he hecho un lío. Tienes razón, no es nada fácil. Habrá que esperar a que se consolide en el mercado gallego y la sintamos como nuestra, y entonces será gallega más allá de el lugar de donde sea el bagazo o lo que usen para hacerla.

    Apertas

    Manuel Bustabad

    Reply
  • 28 de Maio de 2012 at 15:29 03Mon, 28 May 2012 15:29:57 +000057.
    Permalink

    Ai, meu, que hoxe ando a todahostia en non teño tempo a comentar como é debido. Limitareime a sinalar, en plan telegrama: e o pan? “Pan gallego” aparece indirectamente como un tipo de pan na vixente RTS do sector, o que serve de excusa para que se faga “pan gallego” en por exemplo catalunya. Pero, é galego todo o pan feito aqui? Deixo esas preguntas no aire, pero non se me moleste en darlle moitas voltas que se non vaime chafar o post que leva un mes a medio facer.

    Reply
  • 29 de Maio de 2012 at 08:55 08Tue, 29 May 2012 08:55:32 +000032.
    Permalink

    Manuel: yo no creo que a las ginebras podamos llamarles gallegas. Pero si caigo en la tentación de hacerlo será con Nordés (de hecho ya caí hace unas semanas, cuando adelanté su presentación.

    Reply
  • 29 de Maio de 2012 at 08:56 08Tue, 29 May 2012 08:56:38 +000038.
    Permalink

    eSedidió, aplicando o criterio que propoño: feito en Galicia, preferentemente con produtos galegos e con arraigo, penso que non todo o pan que se fai en Galicia é galego. A baguete, por exemplo, non ten arraigo ningún. O mesmo pasa con outros moitos panes.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *