Gaivota á cazola

Gaviota

Foto (licencia CC): vonKinder

Lendo “De santos y milagros“, a selección de artigos xornalísticos de Álvaro Cunqueiro realizada por Xosé Antonio López Silva e que recomendo a todos os interesados no mindoniense, atopo a referencia a un santo bretón (inda que irlandés de nacemento), que, segundo Cunqueiro, se alimentaba de sidra e ovos de gaivota.

A pregunta inmediata é obvia: ¿cómense os ovos de gaivota?¿onde?.

A resposta é evidente: todo o que é comestible, cómese nalgún lugar do mundo por moito que noutras partes poida provocar repulsión ou noxo, que non son máis que efectos culturais. Lembro unha comida en que o meu compañeiro de mesa dicía que el non comía bichos crudos e vivos nin vermes nin arañas, así que as súas ostras, percebes e nécoras papeinas eu. Era catalán. Pero non máis raro que calquera da inmensa maioría de galegos que, en Cataluña, non lle meterían o dente a uns caracois á llauna.

Pero volvamos cos ovos de gaivota. Como non podía ser doutra maneira, os seu consumo é habitual en varios sitios, como Inglaterra, onde ao parecer se consideran unha delicadeza, ou en Noruega, onde consideran ás gaivotas unha plaga e non teñen reparos en comer os seus ovos na compaña dunha cervexa.

Ata din con alguén que, sen telas probado nunca, ofrece receitas non de ovos, senón de gaivota, e ata unha peculiar maneira de cazalas con cana. Non sei se alguén chegaría a cazar a gaivota e levala á pota.

3 thoughts on “Gaivota á cazola

  • 15 de Maio de 2012 at 09:44 09Tue, 15 May 2012 09:44:28 +000028.
    Permalink

    Me han contado en más de una ocasión que hace mucho tiempo en las islas Cíes se comían huevos de gaviota!! (o hubo quien lo hacía). También me han contado de las empanadas de cormorán…

    Reply
  • 15 de Maio de 2012 at 19:40 07Tue, 15 May 2012 19:40:40 +000040.
    Permalink

    Milu, muy interesante aportación. Ya se por donde comenzar a preguntar.

    Reply
  • 23 de Setembro de 2012 at 18:35 06Sun, 23 Sep 2012 18:35:08 +000008.
    Permalink

    Mira, el cormoran si es de consumo general en la zonas rurales costeras de México en donde lo llaman “pato culebrero”, pero a mi me llama mucho la atención, todo lo relacionado con este tipo de animales poco convecionales para comer, en visto en canal “natgeo” una perona inglesa que recoge animales atropellados y os come entre otros una gaviota y he visto por internet que en España hasta hace no mucho se contemplaba a la gaviota, el zarapito los archibebes, como especies cazables, asi que ¿por que no desgutarlas?

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *