Granxa Familiar, Granxa Maruxa, Anfaco-Cecopesca, premios Alimentos de España 2012

O Ministerio de Agricultura acaba de conceder os premios Alimentos de España e en Galicia, malia ter unha triple representación nos mesmos, pasaron case desapercibidos, a excepción de algunha información referida ao premio concedido a Granxa Maruxa.

A parte desta empresa de Monterroso, coñecida polas súas deliciosas galletas de nata e polas peculiaridade da explotación gandeira na que producen a materia prima, foron premiados Granxa Familiar e Anfaco-Cecopesca.

Revisando publicacións anteriores en Colineta sobre os premiados, vexo que nunca publiquei nada sobre as galletas de nata de Granxa Maruxa e pouco sobre Granxa Familiar, malia que nos dous casos estaba convencido de telo feito.

Así que como recurso de urxencia deixo aquí o enlace co número de xaneiro-febreiro da revista Origen (páxinas 62-64), na que publiquei un reportaxe sobre Granxa Familiar, e a entrevista con Marta Álvarez, de Granxa Maruxa, que emitimos na Cadena SER en setembro de 2010.

One thought on “Granxa Familiar, Granxa Maruxa, Anfaco-Cecopesca, premios Alimentos de España 2012

  • 14 de Maio de 2012 at 07:44 07Mon, 14 May 2012 07:44:43 +000043.
    Permalink

    Cómo podemos hacer para compartir este comentario en nuestra página de Facebook? Quizás nos lo puedes poner tú… Muchas gracias. Bicos

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *