Os máis “ricos” de Melide


Nestes días (13 de maio) celébrase en Melide a Festa do Melindre e da Repostería Tradicional para promocionar os doces propios da comarca, onde aínda traballa un bo número de reposteiros tradicionais. Pódese atopar información na web Festa do Melindre mentres que o concello, organizador da mesma, esqueceu en 2008 que tiña dous párrafos dedicados á festa no portal municipal.

 

 

Quen coñeza un melindre sabe xa que o da foto non é un destes doces que se producen noutros moitos lugares de Galicia (os últimos que me sorprenderon son do Carballiño e coñecinos gracias a Aurora Baranda, a famosa polbeira).

A foto que encabeza o post é dun “rico”, unha especialidade que unicamente se elabora en Melide. Os ricos son, en definitiva, as tradicionais bolachas de manteiga cocida, inda que cun formato ben peculiar.

Hai tempo tiven a oportunidade de ver como se elaboran estes ricos nun dos obradores con máis sabor tradicional de Melide, Casa Melchora, que actualmente está pechada por enfermidade da súa responsable, á que dende aquí lle desexo o mellor.

Daquela visita a Casa Melchora quedou un post no que explico o que me contaron, é dicir, os segredos dos ricos.

E aproveito para deixar aquí a entrevista emitida o pasado sábado na SER co presidente da asociación de resposteiros artesáns de Melide, Alberto Rodríguez, produtor de melindres e ricos na cafetería Estilo.

7 thoughts on “Os máis “ricos” de Melide

  • 08 de Maio de 2012 at 16:21 04Tue, 08 May 2012 16:21:24 +000024.
    Permalink

    Melindres e almendrados; con o que sobra de uns, fanse os outros. Sabedoría popular.

    Reply
  • 08 de Maio de 2012 at 23:37 11Tue, 08 May 2012 23:37:47 +000047.
    Permalink

    Dun, dun, dun, Baños de Molgas; dun, dun, dun, melindres de Allariz; rosquillas de Ribadavadia e bon viño do pais¡¡
    Así cantaba o Angel dos Meigas, ao ritmo de rock an roll, ou como carallo se escriba.
    E os melindres de Allariz, que?

    Reply
  • 09 de Maio de 2012 at 08:36 08Wed, 09 May 2012 08:36:01 +000001.
    Permalink

    Razón ten a sabedoría popular, Danniland: os melindres so levan xema de ovo e coas claras fanse os amendoados.
    Carqueixa, de Allariz os melindres, os amendoados, as améndoas de pico…

    Reply
  • 09 de Maio de 2012 at 10:36 10Wed, 09 May 2012 10:36:12 +000012.
    Permalink

    Don colineta, piedade para os que estamos a dieta (por prescrición médica). Un favorciño: os vindeiros 20 posts ou así dedicados aos valores da leituga, que ten moitos, seica.

    Reply
  • 09 de Maio de 2012 at 10:37 10Wed, 09 May 2012 10:37:52 +000052.
    Permalink

    Ah, e conste que con xema, améndoa e azucre o meu pai facía outros amendoados que flipabas (máis menos a metade de xema que de clara, para os que queiran probar).

    Reply
  • 09 de Maio de 2012 at 11:27 11Wed, 09 May 2012 11:27:10 +000010.
    Permalink

    Perdón, o dobre de xema, non a metade.

    Reply
  • 14 de Maio de 2012 at 20:41 08Mon, 14 May 2012 20:41:28 +000028.
    Permalink

    Pero que bueno:))
    Habia ido a un restaurante gallego que acompañaban con este dulce orujo si?

    Reply

Deixa una resposta a eSedidió Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *