A pularda de Mos estará no mercado en poucos meses

Foto: Avimós

En dous ou tres meses poderán estar no mercado as primeiras pulardas da raza autóctona galega galiña de Mos, segundo nos dixo o presidente da Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos (Avimós) Francisco Monasterio.

A galiña de Mos é unha raza autóctona galega que noutro tempo se estendía por practicamente toda Galicia e que era coñecida como a galiña do país. O nome que leva hoxe procede do feito de que a raza foi identificada e recuperada por un veterinario lucense a partir de exemplares que localizou na parroquia de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei (Lugo). Hoxe son moitos os criadores desta raza por toda Galicia, como se pode comprobar na web da asociación.

As pulardas de Mos serán galiñas de catro ou cinco meses de vida, sacrificadas antes de que comezan a poñer ovos e criadas por métodos tradicionais. ¡Xa nos tarda probalas!

Entrevista na Cadena SER a Francisco Monasterio:

One thought on “A pularda de Mos estará no mercado en poucos meses

  • 27 de Abril de 2012 at 14:16 02Fri, 27 Apr 2012 14:16:11 +000011.
    Permalink

    Un saludo cordial maestro de maestros bloguerosgastronomicos.
    Ayer mismo en Padron se podian (y compramos dos vivas) adquirir a un precio de 15€ por gallina en las tierras de Iria.
    El rural de nuestro entorno timidamente,se va dejando convencer,ya que por una “pularda”,te levas una ducia
    de pitos de casa.Y eso tira para atras a mucha gente.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *