Vilalba festexou ao San Simón cun exitoso concurso de tapas

Zarzuela en apuros

Como indicaba no post anterior, o 7 de abril foi o día do queixo de San Simón da Costa e véspera da festa que cada ano lle fan en Vilalba. Por quinto ano consecutivo celebrouse o concurso de tapas con este queixo e onte un xurado do que formei parte xunto con Xoán Cannas (restaurante Pepe Vieira), Pilar de La Cocina de Lechuza e Víctor Manuel Rodrigo (restaurante Samsha, Valencia), recente gañador do concurso Cocinero del Año, e Ana Rubio, maitre do mesmo restaurante.

As tapas premiadas foron as seguintes:

Premios do xurado: o premio do xurado na categoría creativa foi para a Zarzuela en apuros, do Mesón do Campo (foto superior) e na categoría tradicional para os Saquiños de queixo de San Simón e salmón, do bar Albeni. No primeiro caso tratábase dunhas albóndegas de lura en prebe de nécora, acompañado de xarda, e queixo en dúas texturas: escuma fría e crocante. Os saquiños estaban elaborados con masa de empanadilla e recheos de San Simón e salmón

Saquito de queso San Simón y salmón

Os premios do público foron para: Torre de Andrade con capón e queixo de San Simón de Nova Ruta na categoría creativa e para Vieira de queixo San Simón, do bar Estudiante, na tradicional. A primeira destas tapas representaba a torre dos Andrade, cun recheo de capón, e a pravia árbore identificativa de Vilalba, formada cun ramiño de coliflor. A vieira estaba gratinada con bechamel e unha lasca de San Simón.

Torre de Andrade con capón de Vilalba y queso San Simón

Vieira de queso San Simón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *