As nécoras de Tosar

As necoras de Tosar

Dous personaxes da película “18 comidas” comezan a mesma bébedos e almorzando gambas con cubata, e Pedro Roca principiou a cea precisamente cun prato chamado “gambas con cubata”. Os mesmos borrachos (os actores estaban realmente achispados, como nos contaron na cea o director do filme, Jorge Coira, e un dos seus intérpretes, Luis Tosar) comen pizza a medio día e pizza ceamos, pero ¡tremenda pizza!. Cunha marabillosa masa, pementos asados, saboroso queixo e anchoas-anchoas. Na miña mesa todos manifestaron a súa satisfacción coa mesma e eu, cando teña gaña de pizza, chamarei a Pedro, a ver se consigo repetir.

Noutra escena, agobiante, Sol tira una cunca de vichyssoise derriba dunha ensalada e o segundo prato da cea foi, precisamente, “ensalada con vichyssoise”. E na mesma mesa quedan sen comer unas nécoras que acaban nas nosas mesas. “As nécoras de Tosar” se chama o prato, e inda que fosen foráneas, resultaron deliciosas. Aproveitando a súa ausencia da mesa no momento de servilas, Jorge Coira confesounos que a Tosar non lle gustan as nécoras, pero Luís deixouno quedar mal e comeu ata a última freba.

Máis adiante, un peixe ao sal convértese nun conflito. Falo la película, porque a dourada que nos serviu Pedro Roca non causou máis que satisfaccións aos presentes.

Como sobremesa outro prato da película: touciño de ceo con amorodos.

Os comentarios sobre o acertado da cena sucedéronse durante todo o servizo e despois do mesmo, cando, formando un corro no centro do restaurante, todos os asistentes tivemos oportunidade de departir con Coira, Tosar e Fernanda del Nido, produtora da película, sobre os máis diversos aspectos da mesma. O que aprendemos alí vai quedar reservado para os asistentes, que deixamos o restaurante ás tres da mañá… porque a Coira se lle ocorreu mirar o reloxo.

A sesión de Cine-Cea foi un dos primeiros actos do Forum Cidade. Xa estamos traballando en novas e futuras sesións.

Quen non teña visto “18 comidas” pode facelo en Filmin
Ensaladay vichyssoise
Ensalada con vichyssoise
Tocinillo y fresas
Tocinillo
Cine-cena

Pizza

Máis información: Cine cena con “18 comidas, Luis Tósar y Jorga Coira

One thought on “As nécoras de Tosar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *