Bocata de lamprea

Bocata de lamprea ahumada

Nin imaxinar podía que o bocadillo de lamprea estivese inventado, pero o outro día, nunha entrevista na Cadena SER, sacoume da ignorancia Begoña Pérez, do restaurante Casa Mezquita, de Arbo. “Cando chegas pola noite cansa á casa, un bocadillo de lamprea rechea cun bo viño é unha gran cea”, dixo.
Begoña, xunto coa súa irmá Marián, acaba de poñer no mercado a lamprea afumada e rechea, tradicional da súa casa e de moitos outros restaurantes de Arbo. Pero a novidade é que a lamprea de Casa Mezquita pretende estar no maior número posible de tendas de produtos de alta calidade, envasada ao baleiro. No comezo non é un produto barato (150 gramos, 17,50 euros), pero nin a lamprea é barata nin o proceso de afumado e preparación é doado.

A lamprea da foto, á que lle fixen os honores nun bocadillo, é, sinxelamente, deliciosa. Un produto de primeira do que os galegos nos podemos sentir orgullosos.

Despois de séculos comendo a lamprea so en temporada (de xaneiro a abril, máis ou menos), nos últimos tempos están xurdindo iniciativas interesantes arredor deste peixe tan noso.

Antes da lamprea afumada de Casa Mezquita saíu ao mercado a lamprea á bordelesa en conserva, cociñada segundo a receita de Antonio Botana (restaurante Pandemonium, Cambados) e posta en lata por Conservas de Cambados.

As primeiras probas realizáronas hai case un ano, pero recentemente Conservas de Cambados chegou a un acordo con RM Río Miño para que as lampreas que enlata leven esta garantía de orixe. Boas noticias para todos, e fundamentalmente para os amantes da lamprea.

A mala nova, polo momento, son os elevados prezos. Como dixen, os 150 gramos de lamprea afumada de Casa Mezquita están en tenda a 17,50 euros. A lamprea en lata de Conservas de Cambados resulta aínda moito máis cara. Ata a máis de 40 euros a lata de 200 gramos (peso escorrido) se ofrece nalgunhas webs. Os interesados en probala pregunten antes na fábrica, de onde, ao parecer, sae a 18 euros a lata.

Eu teño na cociña unha lata, agasallo do impulsor de RM Río Miño. Xa contarei cando a probe

Entrevista a Begoña Pérez en A vivir Galicia (Cadena SER):

7 thoughts on “Bocata de lamprea

  • 03 de Febreiro de 2012 at 13:02 01Fri, 03 Feb 2012 13:02:25 +000025.
    Permalink

    Probé esa especie de “fiambre” hará un año aproximadamente.

    Sin entrar en precios, es fuerte, pero fuerte, fuerte; mucho más que la lamprea cocinada. Me gustaría probarlo con algún vino de Jerez; puede resultar sacrilegio o maridaje excepcional.
    Nunca se sabe, hasta que se prueba…

    No es mi producto más codiciado, pero estoy completamente seguro de que a muchos que lo prueben; les resultará delicioso y adictivo.

    Reply
  • 03 de Febreiro de 2012 at 15:54 03Fri, 03 Feb 2012 15:54:02 +000002.
    Permalink

    El de Casa Mezquita que compré el sábado no es nada fuerte. Como un salmón ahumado, más o menos. ¿Dónde lo probaste tu, Daninland?

    Reply
  • 03 de Febreiro de 2012 at 16:26 04Fri, 03 Feb 2012 16:26:33 +000033.
    Permalink

    Pues en una vinoteca; pero me lo dieron a probar por curiosidad. Juaría que no lo tenían en carta y creo, que incluso puede ser la misma.
    De todos modos me informaré mejor; pero si recuerdo la persistencia del par de lonchas que me tomé a palo seco; sin pan, pero con vino 😉 . Lo dicho, cuestión de gustos.

    Un saludo.

    Reply
  • 06 de Febreiro de 2012 at 01:59 01Mon, 06 Feb 2012 01:59:08 +000008.
    Permalink

    probé la lamprea ahumada en Xantar 2012 y me resulto curiosa y muy rica

    Reply
  • 11 de Febreiro de 2012 at 23:52 11Sat, 11 Feb 2012 23:52:19 +000019.
    Permalink

    UN SALUDO DON MIGUEL.
    HOY EL COLEGA DE ALMIREZ (DR TEXEIRO,JUNTO A ROSA),
    ME LA OFRECIA COMO OPCION PARA PROBAR,LE FUNCIONA
    MUY BIEN EN SU TIENDA DELICATESEN,A UN PRECIO DE 15€
    EL PACK DE 4 RODAJAS Y 32 € EL BICHO ENTERO.
    RECUERDO AL GRAN CHEF RIVERA HACER UNA ENSALADA DE LAMPREA
    AHUMADA CON ESCAROLA DEL PAIS,QUE HARIA LLORAR A MISMO APOSTOL.

    Reply
  • 13 de Febreiro de 2012 at 20:21 08Mon, 13 Feb 2012 20:21:38 +000038.
    Permalink

    Don Enrique, ¡bajó la lamprea! En Almirez la pagué a 17,50. Tal vez me hicieron precio especial al ser el primer cliente, ya que el día anterior todavía no había llegado y fui a buscarla cuando me llamaron para avisar de que ya estaba en Santiago.
    Eso si, está muy, muy buena

    Reply
  • 01 de Marzo de 2012 at 00:03 12Thu, 01 Mar 2012 00:03:10 +000010.
    Permalink

    Hola soy Begoña de Casa Mezquita , el Restaurante que comercializa la lamprea ahumada rellena. Primero, gracias a todos por prestarle atención a nuestro producto.
    Quería aclararos que la variación de precio en Almirez se debe a que la venden por peso, porque no todos los sobres pesan lo mismo.
    Decirle a Daninland, que la lamprea que comió en la vinoteca no era la nuestra ya que hasta diciembre de 2011 solo se podía tomar en nuestro restaurante. Es posible que la que tu comiste tuviera un sabor tan fuerte por estar excesivamente ahumada o rellena con otras.
    Un saludo

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *