El Extramundi

Os últimos meses déronme o gusto de poñer o meu nome ao pé de dous escritores de cabeceira para min, como son Cunqueiro e Cela. A revista “El Extramundi fundada polo nobel galego, acaba de publicar un tomo dedicado á presenza da cociña e a gastronomía na obra de Camilo José Cela na que, xunto con estupendas achegas de Francisco Singul, Serafín Quero Toribio ou Adolfo Sotelo Vázquez, destaca a antoloxía de textos gastronómicos do propio Cela.

A Cela, como a Cunqueiro, pásalle que se fala moito deles, que os coñece todo o mundo, pero poucos os leron como se deben ler, con atención e dedicación e facendo caso omiso doutras consideracións alleas á literatura, que unicamente serven para estragar as cousas.

No caso do escritor padronés, xoga na súa contra a súa propia personalidade, a súa tendencia ao exceso e os feitos familiares e económicos que o acompañaron nos seus últimos anos e tamén despois do seu pasamento.

A min, persoalmente, impórtame un carallo a personalidade de Cela e todo o que o rodeou. Impórtame, iso si, o que conta e como o fai ¡e manda carallo como manexaba o idioma!.

Neste número de El Extramundi, xa o dixen, hai unha antoloxía de textos culinarios de Cela. Unha antoloxía que merece ser lida e relida porque so nos vai dar gusto, como el mesmo diría. ¿Queren unha mostra?. Ahí vai:

“Los hombres deben comer los huevos de tres en tres , uno por cada una de las virtudes teologales, y a las mujeres no conviene permitirles más que dos para que no se les llenen las cachas y el muslamen de celulitis, lo que siempre desluce e incluso ataca los nervios y llega aproducir infidelidades conyugales y hasta suicidios”. El arte de freír huevos y la buena maña de comérselos. ABC 1977.

¿Que non lles chegou? Vai outra píldora:

“Mosén Erotis Evangelio y de Ambrosio, natural de Mazaleón, a orillas del traicionero Matarraña, se daba muy buen arte para poner murciélagos en escabeche, manjar que hacía garridas y maleables a las damas y verriondos  y apuestos a los caballeros.
–    ¿Y qué pasaba?
–    Pues ya puede usted imaginárselo, que se divertían como enanos con eso de la propagación de la especie
“.

E postos cos libros e o autobombo, permitan que lles presente Santiago mmm… que rico un xogo guía para coñecer Santiago de Compostela e a súa gastronomía, editado por Turismo de Santiago e baseado en Hora de comer, o conto que publiquei en 2007 na colección Branco de cores da editorial Sotelo Blanco. O xogo está destinado a rapaces de 8-12 anos e buscar amosarlles Santiago a través da gastronomía. Pódese conseguir na oficina de turismo da rúa do Vilar e os nenos que completen o xogo terán un agasallo (pista para despistados: todas as respostas están en Hora de comer)

2 thoughts on “El Extramundi

  • 01 de Febreiro de 2012 at 21:31 09Wed, 01 Feb 2012 21:31:48 +000048.
    Permalink

    Está vostede feito un crack, pero non esqueza que por aquí andamos a devecer á espera dunha nova entrega do culebrón rúa.

    Reply
  • 02 de Febreiro de 2012 at 09:59 09Thu, 02 Feb 2012 09:59:11 +000011.
    Permalink

    Non desespere eSedidió. Cando sexa capaz de sair do estupor que me causan os datos que manexo, publicarei un novo post sobre Rúa.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *