¡Viva Rusia, carallo!

Con toda a súa desmesura, Robin Food é, sen dúbida, un dos mellores programas de cociña que se poden ver hoxe na televisión en España. Natural como a vida mesma, David de Jorge cociña igual que o faría calquera na súa casa, pero sempre deixa sobre a mesa cuestións para reflexionar.

A semana pasada dedicou o programa a Álvaro Cunqueiro, sumándose, dende Euskadi, á homenaxe ao escritor de Mondoñedo. Como o programa se pode ver enteiro no blog de David de Jorge so me queda agradecer a mención á homenaxe que lle rendemos a Cunqueiro en Compostela e, de forma moi especial, a mención da miña Pequena enciclopedia gastronómica Cunqueiriana.

Para rematar un fragmento de Os outros feirantes, que limos na homenaxe do 22 de decembro de 2011, e que fai referencia aos callos:

Conta Cunqueiro sobre as andanzas de Amadeo de Sabres, que cando saía para a feira de Negreira descubriu que as cousas lle falaba. O primeiro foi o paraguas, tantas veces presente na obra cunqueiriá.
E pasou que “Sentado á mesa, decidindo si sería mellor comer os callos con culler ou con tenedor. -esto era nunha taberna santiaguesa , na rúa do Franco-, a culler asubiuolle a Amadeo, e este interpretou:

–    Con cuchara , más se acapara!

A culler  falaba en castelán e en verso

2 thoughts on “¡Viva Rusia, carallo!

  • 29 de Xaneiro de 2012 at 21:11 09Sun, 29 Jan 2012 21:11:59 +000059.
    Permalink

    ¡VIVA ROBIN FOOD!!!

    Reply
  • 30 de Xaneiro de 2012 at 01:21 01Mon, 30 Jan 2012 01:21:10 +000010.
    Permalink

    Concordo, un dos mellores programas de cociña que estan a noso alcance 🙂

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *