El rey de los vinos gallegos

El rey de los vinos gallegosA fotografía é dunha postal remitida en abril de 1925 dende Ribadavia a unha empresa sevillana pedindo presuposto de termómetros e columna de mercurio para rectificadores de alcohois.
Na etiqueta da botella pódese ler, na franxa vermella inferior, que o concesionario exclusivo para a venda en España e no extranxeiro é José Uzal García. Tamén na parte superior da etiqueta aparece a palabra Uzal entre as palabras marca e registrada.
Resulta interesante ver como a postal serve para publicitar non so o riveiro branco e tinto, senón tamén o tostado.
Nunha consulta rápida, atopo varias referencias a José Uzal García en xornais da época, tanto en Vigo como en Santiago. Parece que non so comerciaba con viños, senón tamén con seguros e era corredor de bolsa.
Ter un irmán metido no mundo da filatelia da ás veces estas sorpresas. Gracias Fran.

One thought on “El rey de los vinos gallegos

  • 24 de Xaneiro de 2012 at 23:02 11Tue, 24 Jan 2012 23:02:54 +000054.
    Permalink

    é unha boa imaxe

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *