[lang_gl]Díaz Pardo e o viño[/lang_gl][lang_es]Díaz Pardo y el vino[/lang_es]

Isaac Díaz Pardo morreu o 5 de xaneiro de 2011, no mesmo día que Ramón María del Valle Inclán (5 de xaneiro de 1936) e xa repousan moi preto no cemiterio compostelán de Boisaca.

Isaac era un home sinxelo e, polo que sei, austero e non moi dado aos placeres culinarios. Deixou unha impresionante obra intelectual, artística e industrial, entre a que aquí debo destacar a creación da factoría de Sargadelos, da que saíron tantas vaixelas que se atesouran nas casas galegas e do resto de España.

A fotografía que acompaña a esta lembranza é a dunha botella de “Amadeus” da colleita de 1994, ilustrada por Díaz Pardo.

Amadeus era un viño elaborado con uvas da variedade treixadura pola Cooperativa do Ribeiro, que durante varios anos consecutivos ilustrou este viño con obras dos máis senlleiros pintores e ilustradores galegos.

A marca desapareceu por problemas co seu nome, problemas que viñeiron de Bruxelas. A Cooperativa substituiu o Amadeus pola actual “Colección Costeira”, pero abandonaron aquela bonita costumbre das botellas serigrafiadas.

Pouco a pouco irei amosando outras que gardo con moito agarimo.

4 thoughts on “[lang_gl]Díaz Pardo e o viño[/lang_gl][lang_es]Díaz Pardo y el vino[/lang_es]

  • 10 de Xaneiro de 2012 at 00:03 12Tue, 10 Jan 2012 00:03:29 +000029.
    Permalink

    Vin esa referencia á austeridade por algures, e supoño que a apariencia pequeneira deste gran home induciría a pensar tal cousa, pero asegúrovos que eu vin a Díaz Pardo disfrutar como ninguén da carne ao caldeiro e da bica, ata o punto de parar educadamente unha conversa na que o apelaban ata rematar de xantar.

    Reply
  • 10 de Xaneiro de 2012 at 19:59 07Tue, 10 Jan 2012 19:59:46 +000046.
    Permalink

    Un mal día teno calquera, Manolo 🙂

    Reply
  • 20 de Novembro de 2013 at 16:44 04Wed, 20 Nov 2013 16:44:39 +000039.
    Permalink

    yo tengo una botella como esa

    Reply
  • 11 de Novembro de 2015 at 23:34 11Wed, 11 Nov 2015 23:34:32 +000032.
    Permalink

    No la diseño Díaz Pardo,estas en un error

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *