Araceli Filgueira: os segredos de “Cocina gallega”

En 1971 Álvaro Cunqueiro publicaba na editorial Galaxia un dos seus libros máis coñecidos entre os gastrónomos galegos: A cociña galega. Nesta obra o autor de Mondoñedo fai unha viaxe por todas as cociñas galegas da segunda metade do século XX, describindo os produtos e os usos e costumes dos galegos na cociña. Pero non hai receitas tal como agardan atopalas os interesados en reproducilas, con ingredientes pesados e medidos, tempos e temperaturas. Cunqueiro conta as receitas polo sistema das aboas: fariña a que colla.

Once anos máis tarde saíu do prelo un novo libro de título moi parecido, pero en castelán: Cocina gallega, publicado pola editorial Everest. O novo libro, que Cunqueiro nunca chegou a ver publicado xa que saíu ao mercado en 1982, consta de unha primeira parte literaria, que ven a ser a tradución da obra publicada en 1971. A segunda parte é un receitario, que asina Araceli Filgueira Iglesias e a terceira un estudo bibliográfico de Antonio Odriozola.

Sobre a segunda parte arroxou luz, na entrevista da Cadena SER, a súa autora, Araceli Filgueira, encargada da selección de receitas despois de percorrer moitas cociñas. Cunqueiro colaborou na selección, rexeitando algunhas que non consideraba galegas, como as que levaban como ingrediente berenxena.

Na entrevista, Araceli conta como se xestou o libro e como se viu metida nesa aventura por presión de Antonio Odriozola, amigo de Cunqueiro e de seu pai. Mágoa que o tempo na radio sempre é pouco.

Entrevista a Araceli Filgueira Iglesias:

2 thoughts on “Araceli Filgueira: os segredos de “Cocina gallega”

  • 17 de Decembro de 2011 at 20:52 08Sat, 17 Dec 2011 20:52:57 +000057.
    Permalink

    Gracias pola entrevista!

    Reply
  • 18 de Decembro de 2011 at 23:04 11Sun, 18 Dec 2011 23:04:37 +000037.
    Permalink

    Fariña a que colla, e amasado até que estea. E os moleculares que espabilen.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *