#ACunqueiro: De rúada con Cunqueiro

O 22 de decembro de 1911 a Mondoñedo tocoulle o gordo co nacemento na vila de Álvaro Patricio Cunqueiro Mora, un rapaz que era espigado, tan alto e delgado que, ao parecer, tiña preocupado a súa nai e ata unha panadeira da vila lle facía pasar por debaixo das pas de enfornar a ver se lle cortaba o crecemento. Non imito a Cunqueiro na fabulación, que aseguro ter lido nalgures isto que conto.

Cen anos despois, e tras trinta da súa ausencia, o movemento #ACunqueiro, como o bautizou Gago, lembrará ao escritor e gastrónomo botándolle uns viños galegos e unhas parrafadas ao tempo que leremos os seus textos.

Polo momento a cita xa está organizada en Santiago e na Coruña, pero agardamos que haxa máis.

En Santiago realizaremos un roteiro eno-gastro-literario polas rúas e lugares que lle foron queridos a Cunqueiro nunha cidade que admiraba, na que foi estudante e na que se xestaron algunhas das súas primeiras obras. Na Coruña será unha sesión de cata dos viños que lle eran máis queridos.

En ambos casos a participación está aberta a todo aquel que desexe homenaxear a Cunqueiro e pódense atopar máis detalles na web oficial. Tamén en Pantagruel Supongo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *