“Onde mercan os larpeiros”

A factoría larpeiros volve á carga cun novo libro, nesta ocasión do comando mercados, formado por Tomás Alonso e Víctor López co libro titulado Onde mercan os larpeiros (Editorial Galaxia).

A través deste libro os lectores poderán coñecer un bo número de lugares, establecementos e marcas de produtos galegos de primeira calidade, co estilo do programa gastronómico con máis éxito da televisión de Galicia. Un programa, uns personaxes e unhas persoas que conectan á primeira e cunha forza impresionante coa gran maioría dos galegos, que son a xente de a pé, como puiden comprobar de primeira man esta pasada fin de semana, que compartín con Tomás e Benigno no Valadouro, onde me fixeron o favor de acompañarme a presentar a miña Guía secreta da gastronomía de Galicia… Lugo e onde realizaron un show cooking con máis público que en calquera congreso gastronómico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *