Cunqueiro e a gastronomía galega: unha homenaxe

Álvaro Cunqueiro, un dos máis grandes escritores da historia de Galicia, naceu na vila episcopal de Mondoñedo, capital dunhas das sete antigas provincias de Galicia, un 22 de decembro. Vai facer 100 anos no próximo mes.

O que Cunqueiro fixo por Galicia, pola nosa lingua, cultura e literatura está aínda por cuantificar. Probablemente porque será imposible atopar un sistema métrico que permita facelo. Da mesma maneira, é imposible poñer en cifras o labor do mindoniense como difusor dos sabores e aromas da nosa cociña, dos nosos produtos e dos nosos viños.

Xamais poderemos esquecer a don Álvaro. E por iso o próximo 26 de novembro un grupo de amantes da gastronomía e da obra de Cunqueiro imos ofrecerlle a homenaxe na que el, gustosamente, tería participado, porque a mesa e a cunca de viño van ser protagonistas fundamentais. Alimentaremos o corpo cunha cata dos viños máis cunqueirianos para despois dar boa conta dun menú, baseado nos pratos presentes na súa literatura, que cociñarán catro grandes chefs galegos: Pedro Roca será o encargado de dirixir un barco que tripularán Chef Rivera, Flavio Morganti e Marcelo Tejedor.

Previamente alimentaremos o espírito cunha charla sobre a gastronomía na literatura de Cunqueiro.

O programa completo pódese atopar neste enlace, con información sobre a maneira de participar nesta homenaxe, que se prolongará polo menos ata o 22 de decembro por medio da publicación en blogs e redes sociais de textos de todo tipo relacionados con Cunqueiro. Todos podemos participar nesta homenaxe. Ti tamén

2 thoughts on “Cunqueiro e a gastronomía galega: unha homenaxe

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *