Marcas de calidade para o mar galego

Onte tuiteaba a nova de Faro de Vigo sobre a iniciativa da confraría de Redondela para identificar os chocos pescados pola súa flota e hoxe, a través de Capítulo Cero, vexo o vídeo de V Televisión, polo que poido comprobar que a máquina instalada en Redondela é a mesma, ou moi parecida, que dende hai dous ou tres anos empregan en Bueu para que os polbos da súa flota vaian identificados coa marca Polbo das Rías.

Nos últimos anos en Galicia estanse a desenvolver diversas iniciativas tendentes a identificar en lonxa os produtos propios da flota de baixura galega para evitar que se confundan cos procedentes doutras partes do mundo.

A citada Polbo das Rías naceu máis ou menos ao mesmo tempo que a marca PescadeRías, neste caso impulsada pola Xunta de Galicia para identificar toda a pesca galega de baixura.

Este mesmo ano nacía tamén RM Río Miño que inicialmente vai destinada a identificar as lampreas capturadas no río Miño, tanto por pescadores españois como portugueses, nun intento de deixar claro que non todas as lampreas que se comen en Galicia son do Miño… nin todas son galegas. A longo prazo a idea desta marca é estenderse a todos os peixes capturados nos últimos quilómetros de río antes de chegar ao mar.

Moito antes de calquera destas iniciativas no porto de Burela marcábase o bonito cunha etiqueta verde para distinguir o alí desembarcado do procedente doutros portos, mesmo do Mediterráneo, como se pode ver con frecuencia en supermercados galegos.

E parece perdido nos caixóns dalgún despacho un interesante proxecto, completamente desenvolto en Galicia, que permitiría identificar de forma indeleble os crustáceos e os moluscos de concha capturados ou cultivados na nosa terra. Unha máquina con tecnoloxía láser marcaría un por un os berberechos de Noia, as ameixas de Carril, as ostras de Arcade, as centolas do Grove, os longueiróns de Fisterra… Pero non o fai porque, polo que me contan, non todo o mundo está de acordo en ofrecer tanta información ao consumidor. Digo eu que en desacordo estarán os que traen marisco de fóra.

Parece que crear a marca de calidade e implantala entre os produtores está a resultar sinxelo, ou menos complicado do previsible. Pero as que ata agora existen e levan tempo funcionando que, salvo descoñecemento pola miña parte teñen moitas dificultades para chegar aos consumidores e non son fáciles de atopar nos mercados nin nos supermercados.

Resulta evidente que necesitan promoción, e para iso están as institucións, como a Xunta de Galicia. Claro que non sei se a mellor promoción para PescadeRías, por exemplo, é financiar acordos coa Confederación de Empresarios de Hostalería de Galicia

One thought on “Marcas de calidade para o mar galego

  • 11 de Novembro de 2011 at 00:33 12Fri, 11 Nov 2011 00:33:06 +000006.
    Permalink

    Hola Miguel, no creas que es tan difícil dar a conocer entre el conumidor la pequeñas marcas. No pasa una semana en la que al menos una persona llame a la Cofradía de Bueu preguntando si el pulpo etiquetado q le vendieron es realmente Polbo das Rías de Bueu. Yo estoy habituado a ver polbo das Rias en supermercados de vigo y coruña provincia (últimamente menos q va muy caro y los pedidos para fresco han bajado mucho). Donde realmente está el problema o handicap es en el compromiso del productor por perpetuar un acto voluntario de marcado. Aquí suele suceder que hay desmolarización, cansancio, dejadez, etc, La rutina por serlo, supongo, pierde interés una vez se han alcanzado los objetivos de conocimiento de la marca y económicos. Se da por supuesto que el no seguir el protocolo establecido no va a suponer cambios comerciales, y esto es la gran batalla….

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *