Alta cociña con conservas

¿Necesitan as conservas de peixe promoción en Galicia, precisamente onde se atopa a maior industria do sector de toda Europa?.

Esa foi a pregunta que me veu á cabeza cando recibín a invitación para asistir ao show cooking sobre alta cociña con conservas que tivo lugar a semana pasada en Santiago de Compostela e á que finalmente (e lamentablemente) non puiden asistir. Un resorte saltou na miña cabeza de maneira automática: NON. ¿Cómo vai necesitar promoción en Galicia un dos nosos produtos máis emblemáticos?.

O tempo ensinoume a controlar os automatismos e non crer en nada mentres non meta os dedos na ferida. Así que pedín a Anfaco (organizadora do acto coa colaboración da consellería de Pesca da Xunta de Galicia) información sobre o comercio de conservas de peixe. Pedín datos de exportacións e do reparto das vendas por comunidades autónomas das conservas que non saen de España.

Hoxe chegaron os datos.

Datos que indican que en 2010 se elaboraron en España 359.120 toneladas de conservas de peixe e mariscos, exportándose un 35 por cento do total (125.685 toneladas), polo que no mercado español quedan 233.435 toneladas.

Segundo os datos de Anfaco, Galicia situase no quinto lugar entre os consumidores de conservas, practicamente á par de Canarias e Castela e León, que van detrás pero con diferenzas pequenísimas. Os primeiros postos están ocupados por Andalucía, Cataluña, Madrid e Valencia.

Pero resulta evidente que non podemos comparar un territorio de máis de sete millóns de habitantes, como é Andalucía, con outro como Galicia que se queda na metade. O lóxico é comparar o consumo por persoa e ano.

E aí xurde a sorpresa. Pois resulta que si é necesario promover o consumo de conservas en Galicia, porque estamos na cola do conxunto de comunidades autónomas. Non somos os últimos porque outra comunidade con tradición conserveira, como é Cantabria, ocupa ese lugar.

Segundo os datos estatísticos, cada galego consume ao ano 3,90 quilos de conservas, mentres a media estatal é de 4,62. Como dicía, os datos de Cantabria son aínda más baixos que os de Galicia, xa que alí consumen 3,61 quilos por persoa e ano.

As cifras galegas están moi lonxe das de Canarias, con 6,18 quilos por persoa e ano, que se sitúa en primeiro lugar.

Todas estas cifras teñen un certo marxe de erro, xa que empreguei os datos do último censo de poboación, que se realizou en 2001. Dende aquela os datos de poboación cambiaron, pero non creo que inflúan decisivamente nos resultados.

Como non estiven na presentación nada poido contar da mesma, pero José Carlos Capel, en El País, e Marta Fernández Guadaño, en Expansión, deron fe do acontecido na mesma. Tamén falan desto La cocina de mi abuelo e Carmen Albo, que actuou de presentadora.

Para os curiosos deixo de seguido o cadro con datos sobre o volume total de conservas vendidas en cada comunidade autónoma en 2010, a porcentaxe que representan sobre o total e o consumo por persoa e ano. Son datos de Anfaco e de elaboración propia.

2010

Volumen TM % s/Total Kilos per capita
Andalucia 35.020

19%

4,76

Cataluña 29.089

15%

4,59

Madrid 23.301

12%

4,30

Valencia 21.417

11%

5,14

Galicia 10.513

6%

3,90

Canarias 10.476

6%

6,18

Castilla León 10.451

6%

4,25

Castilla La Mancha 9.084

5%

5,16

País Vasco 8.531

5%

4,10

Murcia 6.321

3%

5,28

Aragón 5.912

3%

4,91

Extremadura 4.672

2%

4,41

Asturias 4.588

2%

4,32

Baleares 3.644

2%

4,33

Navarra 2.404

1%

4,33

Cantabria 1.932

1%

3,61

La Rioja 1.240

1%

4,48

ESPAÑA 188.595

100%

4,62

4 thoughts on “Alta cociña con conservas

  • 30 de Outubro de 2011 at 15:52 03Sun, 30 Oct 2011 15:52:24 +000024.
    Permalink

    Uns datos moi curiosos e que deberían facer reflexionar aos conserveiros, porque curiosamente eu creo que é raro na casa galega non haixa conservas, outra cousa é que a maioria dos consumidores ven as latas como un recurso de última hora ou de picoteo descartando as latas de bonito que estan presentes en moitos pratos do recetario semanal das casas.

    Reply
  • 30 de Outubro de 2011 at 18:51 06Sun, 30 Oct 2011 18:51:38 +000038.
    Permalink

    Pues querido Miguel, aún sintiendo muchísimo que no pudieses asistir, porque te echamos de menos y además lo pasamos muy bien, me parece estupenda tu labor divulgativa y de investigación respecto al consumo per capita de conservas en Galicia.

    Es cuando menos curioso, constatar que son tanto Galicia como Cantabria, productoras de conservas, las que ocupan el furgón de cola en el consumo de las mismas.

    Ya está prometido, pero en cuanto pueda me pongo a elaborar yo estas recetas en mi blog… que buena falta le hace un empujoncito a la industria conservera gallega en nuestro propio mercado.

    Y coincido con Rocío en su observación sobre el bonito en conserva

    Un abrazo, y enhorabuena por tu ilustrativo post, Miguel

    Reply
  • 31 de Outubro de 2011 at 10:07 10Mon, 31 Oct 2011 10:07:13 +000013.
    Permalink

    Rocío, evidentemente a industria xa sabe o que hai é supoño que por eso fan demostracións en Galicia en non en Andalucía.

    Carmen, la próxima vez espero estar.

    Reply
  • Pingback:¡¡¡Y YA VAN DOS AÑOS DE BLOG!!! ¡¡¡Y UN ESTRENO COMO PRESENTADORA!!! | esterea.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *