Centro Culinario de Galicia [lang_gl]¿por que non?[/lang_gl][lang_es]¿por qué no?[/lang_es]

A proposta presentada polos socialistas no Parlamento Galego para a creación dun Centro Culinario Galego (que foi adiantada en primicia por Capítulo Cero) vai ser centro, seguramente, das críticas da Galicia caníbal que cantou Reixa.

A ninguén lle pasará por alto que é unha iniciativa oportunista que vai arrastras do éxito mediático do Basque Culinary Centre. Nin aí foron os primeiros, que antes dende a Asociación de Hostelería de Santiago lanzaran a idea dun Galician Culinary Centre, nesta ocasión para cambiarlle o nome ao proxecto que eu elaborei en 2008 e que, por azares da vida, acabou ata no programa electoral do PP compostelán.

E como iniciativa oportunista que é vanlle caer derriba tódalas críticas que merece. Acusarana, seguro, de copiar a iniciativa vasca como se esa fose unha idea completamente nova e orixinal, esquecendo, por exemplo, a existencia dende hai décadas do Culinary Institute of America.

Galicia conta cunha boa rede de escolas de hostalería das que saen reputados profesionais e un Centro Superior de Hostelería de Galicia, radicado en Compostela, que é un dos mellores de cantos existen en España, como o proba o feito de que os seus alumnos asinan contratos de traballo antes incluso de rematar os estudos. O CSHG forma profesionais para toda España e tamén para establecementos estranxeiros. Moito antes de que se formulase a idea de BCC o centro superior galego xa estaba vencellado á Universidade de Santiago de Compostela, de maneira que os estudantes de diploma e gran diploma rematan os seus estudos cun título da universidade compostelá.

Claro que o CSHG non ten arredor unha constelación de estrelas como a que tivo o BCC para o seu lanzamento. Pero iso non deixar de ser fume, polo momento. Santiago leva anos demostrando o que é capaz de facer, o centro vasco aínda o ten que demostrar.

Resulta evidente que Galicia conta cos bimbios necesarios para mellorar aínda máis o traballo que se está a facer e non estaría de máis que nos puxeramos ao labor de armar ese cesto. Todos a unha a facer país.

E se nos acusan de copiar con non facer caso é suficiente. Iso si, nin se lles ocorra a paletada de denominar o ente en inglés, como fixeron os vascos, que para iso temos idiomas propios. Porque a identidade non se defende so falando de pescadas ou chipiróns, senón tamén facéndoo no idioma que empregamos a cotío.

7 thoughts on “Centro Culinario de Galicia [lang_gl]¿por que non?[/lang_gl][lang_es]¿por qué no?[/lang_es]

  • 09 de Outubro de 2011 at 12:30 12Sun, 09 Oct 2011 12:30:52 +000052.
    Permalink

    Pues mire, a estas alturas y edades uno tiene claro que casi todo se puede defender y atacar. Y en muchas ocasiones el que uno haga una cosa o la otra depende sobre todo de quien vaya a tirar el proyecto adelante. Y no hablo de intereses espúreos, sino de coincidencia en discurso y visión.

    Ya se que esto es como no decir nada, pero al final viene a ser un ‘pues dependerá de lo que realmente hagan al final’. O sea, nada.

    Unha aperta.

    Reply
  • 09 de Outubro de 2011 at 13:20 01Sun, 09 Oct 2011 13:20:00 +000000.
    Permalink

    No puedo compartir las críticas “preventivas”. Si al final no hacen nada lo criticaremos, pero antes de tiempo no me parece adecuado, starbase.
    Recuerdo ahora como hace 19-20 años se criticaba ferozmente la última iniciativa turistica de la Xunta de entonces: el Xacobeo. Los que entonces criticaban creo que hoy no se atreverían a hacerlo de aquella manera.

    Reply
  • 09 de Outubro de 2011 at 15:11 03Sun, 09 Oct 2011 15:11:29 +000029.
    Permalink

    Señor Vila só un pequeno matiz, o CSHG non ten reconocidos oficialmente os seus títulos, refíremo dende o punto de vista das titulacións oficias do Ministerio de Educación. Cando rematas os estudios tes un diploma do centro peron non cho recoñecen como licenciatura ou diplomatura.
    É un dos problemas que levan anos sen resolver.

    Reply
  • 09 de Outubro de 2011 at 15:57 03Sun, 09 Oct 2011 15:57:08 +000008.
    Permalink

    Ten razon, Carqueixa, pero eu non falei de licenciaturas nin de diplomaturas. É unha cuestion pendente

    Reply
  • 10 de Outubro de 2011 at 08:33 08Mon, 10 Oct 2011 08:33:32 +000032.
    Permalink

    No soy consciente de criticar preventivamente nada, lo que quiero decir es que a menudo estas iniciativas uno ha de valorar en un acto de fe. Y eso siempre va vinculado a las personas.

    Desde 1.000 kms en Barcelona, comprenderá que de las personas vinculadas no tengo ni idea. Y si encima son políticos ya es que hasta me da pereza soberana escarbar en los cimientos del proyecto. Por ello, habré de esperar un tiempo para tener opinión formada.

    Vaya, es por puntualizar mi anterior comentario :)))

    Reply
  • 14 de Outubro de 2011 at 09:09 09Fri, 14 Oct 2011 09:09:17 +000017.
    Permalink

    Don Miguel, déase por ferozmente criticado, que hoxe estou pregueceiro.

    O peor é o nome, pero vostede aí non ten culpa. Do resto moito me temo que apontan ben, pero confunden a diana.

    Reply
  • 17 de Novembro de 2011 at 20:47 08Thu, 17 Nov 2011 20:47:59 +000059.
    Permalink

    Estoy de acuerdo que en Galicia y concretamente en Santiago tenemos mucho que podemos aportar en cocina, gastronomía.. Buenos productos, excelentes profesionales.. y esto sería estupendo para nuestra comunidad. Lo que veo más acertado es que el centro de referencia fuese la Escuela de Hostelería de Santiago por varias razones:Porque está consolidada en toda España y parte del extranjero como un referente de la gastronomía, por la relación directa con la cocina formando directamente a profesionales cocineros como Marcelo Tejedor desde hace decadas mientras en el CSHG lo que forman son directores y gestores de hotel.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *