“Na mesa con Cunqueiro”, en pdf
“Na mesa con Cunqueiro”, a antoloxÃa gastronómica e literaria que publicou o Consello da Cultura Galega con motivo da campaña “A cociña galega con Cunqueiro”, xa se pode descargar en formato pdf dende a mediateca da web do Consello.
En papel imprimÃronse un total de 20.000 exemplares do libro, que foron distribuÃdos a través de preto dun cento de restaurantes galegos que ofreceron menús ou pratos de inspiración cunqueiriana.
Aos que accedan agora, por vÃa electrónica, a este libriño deséxolles que lles guste, pero recomendo que non se conformen con estes poucos bocados seleccionados e acudan con frecuencia á literatura do mestre de Mondoñedo, cuxa prosa e obra xornalÃsitica da para compoñer un menú degustación longo, longuÃsimo, pero que nunca será estreito porque as súas verbas farán voar a vosa imaxinación ata lugares insospeitados. ¡Que aproveite!