Guía secreta da gastronomía de Galicia. Lugo

Onte presentamos en Lugo, no marco dos actos que acompañan ao VI Congreso Mundial do Xamón, a Guía secreta da gastronomía de Galicia. Lugo, editada por Alvarellos e que ven ser o segundo tomo dun proxecto que abarcará toda Galicia, e do que en 2010 se publicou a primeira entrega, correspondente a Ourense, da man de Martín Álvarez.

Foi un pracer presentar o libro na lucense praza de San Marcos, a un paso de La Sucursal, onde miña nai mercaba, ao pouco de regresar de Cuba, os frijoles negros e o arroz de gran longo Hon-Chi. É unha das miñas primeiras lembranzas gastronómicas.

A guía é froito de case dous anos de traballo e cincuenta de experiencias lucenses, e a mellor maneira de facerse unha idea sobre a mesma é ver o capítulo publicado na web da editorial.

O texto foi enriquecido con seis achegas do máis interesante, asinadas por Helena Villar Janeiro, Mercedes González Rodríguez, Santiago Jaureguizar, Xavier P. DoCampo, Iago Castrillón e Manuel Gago. A todos gracias unha vez máis.

3 thoughts on “Guía secreta da gastronomía de Galicia. Lugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *