Caso Rúa III: comeza a despexarse a néboa

O 20 de xullo pasado, despois de falar con algúns dos mellores expertos galegos do mundo do viño, Colineta publicaba un post sobre o viño que estaba enchendo xornais e televisións polos 90 puntos outorgados por Wine Advocate, a guía de Parker & Co.

Chameille “Caso Rúa” e parece que foi premonitorio porque o tema vaise enguedellando nos últimos días. Se o día 20 no post se expresaban opinións alleas, ao día seguinte, 21, era eu que plantexaba a miña propia interrogante: ¿hai un viño Rúa ou hai dous?. A existencia dun Rúa básico destinado ao mercado español e outro Rúa de mellor calidade para o norteamericano, aclararía porque o noso Rúa so se empregaba para cociñar mentres a guía lle daba unha boa puntuación. Pero o día 22 o enólogo da cooperativa asegurabame que so había un Rúa.

Agora acabo de ler o que publica Diario del Vino o 5 de setembro. O máis interesante é o que comenta o sumiller radicado en Galicia Daniel Marín: “Lo que ha pasado es que el vino que tiene los 90 puntos se llama Abanico Rua: es de la misma cooperativa, pero ellos han aprovechado para promocionar su vino Rua que comercializan solo en Galicia: El precio del Abanico Rua es de 12 euros y las variedades utilizadas son 34% Palomino, 33% Doña blanca 33% Godello. En realidad se trata de un vino distinto elaborado por bodega Abanico en las intalaciones de la cooperativa Virgen de las Viñas. Bodegas Abanico es la denominación que el comerciante de vinos en EEUU Aurelio Cabestrero emplea para los vinos que hace en diversas bodegas españolas, e importa a EEUU a través de su empresa Grapes of Spain”.

Polo que se ve, ao longo do mes de agosto o asunto non lle interesou a ninguén, inda que o 31 de xullo Tiritinyam recolle o guante. Ata que o primeiro de setembro El País publica “La sorprendente puntuación de Mr. Parker”, un artigo que inclúe literalmente as declaracións exclusivas feitas a Colineta por Mercedes Rodríguez e Luis Paadín, naturalmente sen citar a procedencia das mesmas.

Ao día seguinte era La Razón a que se facía eco do problema. Aquí xa se anunciaba a existencia de dous Rúas diferentes cando Rafael De Haan, xerente de Bodegas Abanico, di: “«Nuestro importador, Grapes of Spain, nos pidió un vino sencillo y barato, y con muy poco tiempo le ofrecimos Rúa. Pero el que le enviamos es una selección del caldo que hacen en Virgen de las Viñas. No es el mismo de los supermercados».

Segundo La Razón, o crítico enológico Andrés Sánchez Magro afirma que se trata dun fraude. «El vino que ellos han catado cuesta 11 dólares y tiene añada, mientras que el que cuesta 1,5 euros es vulgar, carece de añada, es de consumo masivo»,

Seguirán aparecendo, seguro, novos datos sobre o asunto.

Se ao final se confirma que hai dous Rúas diferentes, ¿quen se vai responsabilizar do engano generalizado?.

(Nota: como verán, eu cito e enlazo todas as fontes. As mesmas que usaron o material de Colineta, mesmo literal, como se fose propio.)

Seguro que hai máis cousas publicadas, pero non tiven acceso a elas

En Tony (Vacaciones y derivados): Jaureguizar, en El Progreso, La trastienda… de José L. Louzán, Boottle

5 thoughts on “Caso Rúa III: comeza a despexarse a néboa

  • 08 de Setembro de 2011 at 23:48 11Thu, 08 Sep 2011 23:48:38 +000038.
    Permalink

    Este asunto, ocupó un buen rato en una conversación que tuve este verano con un gallego que sabe de cooperativas y producción agraria en galicia.
    Ya me quedó claro que algo olía a podrido en Dinamarca, así genéricamente. Pero desde luego no me llegué a imaginar que habían dado gato por liebre de esta manera.
    Una bonita forma de destrozar la imagen de marca. Si te pillan, claro.

    Un saludo.

    Reply
  • 09 de Setembro de 2011 at 10:51 10Fri, 09 Sep 2011 10:51:43 +000043.
    Permalink

    Yo todavía no estoy seguro de que se haya dado gato por liebre. Pero hay muchos indicios.

    Reply
  • 09 de Setembro de 2011 at 12:41 12Fri, 09 Sep 2011 12:41:00 +000000.
    Permalink

    El tema seguro que dará que hablar y saldrán nuevos datos a la luz, lo que está claro es que bien, no huele, veremos que pasa con el paso del tiempo.

    Lo citar las fuentes amigo mío, sea texto o imagen, eso ya es todo un clásico en este mundo, todo el mundo pasa de todo, ancha es castilla.

    Al menos queda el consuelo de que si te copian mucho, el contenido es de calidad. Algo es algo 😉

    Reply
  • 09 de Setembro de 2011 at 13:02 01Fri, 09 Sep 2011 13:02:08 +000008.
    Permalink

    Eu é que teimo no mesmo: unha marca, dúas marcas, quince marcas, tanto ten. O que se agacha no fondo é o absurdo do modelo de papanateo na cualificación dos viños, con ou sen añada. Máis cedo que tarde a peña cairá da burra, xa o verán.

    Non estou eu tan seguro de que o affaire, mesmo existindo dúas marcas, vaia prexudicar á Cooperativa, que está ben claro o benéfico que resulta que falen de ún, ainda que sexa mal.

    Por outra parte, eu é que son persoa de poucos recursos, pero supoño que botándolle unha ollada ao número do Advocate no que figura o viño resolveríanse todos os misterios. Se non estou mal informado, na ficha aparece a adega e o prezo estimado de venda.

    No do copy&paste, supoño que ten que amolar.

    Reply
  • 09 de Setembro de 2011 at 13:08 01Fri, 09 Sep 2011 13:08:28 +000028.
    Permalink

    Tony, efectivamente saldrán más datos y espero que todo se aclare, por el bien de los consumidores.
    Al copio-pego ya me acostumbré. Ya van muchas veces.

    eSedidió. Completamente de acordo en que o problema está no papanatismo de moitos que carecen de opinión propia e se deixan levar polos demáis.
    E ten razón en que a cooperativa vai saír beneficiada de todas formas. Eles mesmos o saben e o escriben. Mire o comentario de onte no primeiro post da serie: http://www.colineta.com/2011/07/20/rua/#comments (ao final de todo)

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *