A primeira conserva “gourmet” de peixe espada

O 1 de setembro arranca a ruta do peixe espada na Guarda (Pontevedra). Ata o día 15 deste mesmo mes, máis de 40 establecementos da vila ofrecerán tapas elaboradas coa conserva Orpagu gourmet, elaborada con peixe espada para a Organización de Palangreiros de A Guarda (ORPAGU).

A conserva aínda non está no mercado, xa que os produtores están realizando presentacións públicas para avaliar o interese dos consumidores, a posibilidade de incorporar novas presentacións e os posibles cambios nas mesmas.

Polo momento Orpagu traballa con tres presentacións diferentes: migas de peixe espada en aceite vexetal (en lata), peixe espada en aceite de oliva e peixe espada escabechado (os dous en frascos de cristal).

Polo momento probei as dúas presentacións en frasco de cristal (fáltame abrir as latas de migas) e chego á conclusión de que estamos ante un produto que pode ter boa acollida no mercado gourmet (non vai ser barato, xa que a materia prima non o é) pero que precisa ser mellorado.

O mellor de ambas conservas é o suave sabor e, de maneira moi especial, o celmoso do peixe. Resulta inevitable comparalo co bonito ou o atún, resultando un sabor máis suave no peixe espada, pero sen a sequidade do atún.

Pero ao meu entender falta por resolver o corte e envasado do peixe. Resulta case imposible sacalo do tarro sen que desmigue, o que supón que o peixe se mestura en exceso co aceite ou o prebe en que se presenta.

O outro problema que lle vexo á conserva tal como se presenta actualmente é precisamente o do aceite empregado. Nun caso aceite de oliva (non virxe) e nos outros dous aceite vexetal (a xerente de Orpagu indica que se trata de aceite de xirasol), non me parecen a mellor elección para acompañar a un peixe de calidade nunha conserva gourmet. Haberá que agardar á saída ao mercado da conserva para ver se manteñen eses aceites ou os melloran.

Non debe sorprender a ninguén que unha organización galega aposte pola transformación dun peixe tan pouco presente nos mercados galegos como é o peixe espada, xa que as capturas do mesmo por parte dos palangreiros da Guarda supoñen arredor dun terzo do total de capturas da flota pesqueira española.

4 thoughts on “A primeira conserva “gourmet” de peixe espada

  • 30 de Agosto de 2011 at 17:33 05Tue, 30 Aug 2011 17:33:06 +000006.
    Permalink

    Solo puedo juzgar por la foto del post, y la verdad es que la imagen del poster es atractiva. Me gusta.

    Eso de no poder extraer cómodamente el pescado es muy importante, yo soy de los que si tengo ese problema luego ya no repito: no soporto comer migas de pescado cuando he comprado lomos en conserva 🙂

    Unha aperta.

    Reply
  • 30 de Agosto de 2011 at 19:17 07Tue, 30 Aug 2011 19:17:49 +000049.
    Permalink

    Obviamente a cousa melloraría cun envase tipo lata de arenque, digo eu. O problema é o custe da envasadora (con frascos pódese facer a man).

    Boas (e longas) vacacións,mestre?

    Reply
  • 30 de Agosto de 2011 at 19:24 07Tue, 30 Aug 2011 19:24:47 +000047.
    Permalink

    A imaxe, efectivamente, é moi boa. O produto tamén, malia que precise melloras.
    As vacacións foron menos longas do que quixera. Boas si.

    Reply
  • 09 de Setembro de 2019 at 14:58 02Mon, 09 Sep 2019 14:58:50 +000050.
    Permalink

    Orpagu Gourmet os informa que tenemos productos nuevos tanto de pez espada como atún en distintos formatos. No dudéis en visitar nuestra página web y tienda online para más información: http://www.orpagu.com

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *