Caso Rúa (II). ¿Dous viños diferentes cunha mesma marca?

Atopo no blog de Sibaritia unha nova sobre os 90 puntos outorgados por Parker ao viño Rúa e, con sorpresa, vexo que publican o certificado (ver aquí) que asina Jay Miller e que acredita a devandita puntuación.

A sorpresa é que dito certificado atribúe o viño a Bodegas Abanico, unha comercial radicada na provincia de Barcelona e non á Bodega Cooperativa Virgen de las Viñas.

Tamén me sorprende que o certificado indique que o viño é unha mestura a partes iguais de tres variedades autóctonas: Palomino, Dona Branca e Godello, información que se repite na web do importador para Estados Unidos, Grapes of Spain, mentres que a cooperativa da Rúa indica que o seu “Rúa” está elaborado exclusivamente con Palomino, que evidentemente non é unha variedade autóctona galega.

Agora a dúbida é se a cooperativa embotella coa mesma marca dous produtos distintos, un 100% Palomino e outro coa mestura de Dona Branca e Godello.

Haberá que seguir sobre o asunto

Aquí o primeiro post sobre o asunto: Caso Rúa: Parker perdeu o rumbo e meteronlla dobrada

ACTUALIZACIÓN (22-07-201, 9:51 horas): segundo o enólogo da Cooperativa so existe un único Rúa, elaborado a partes iguais co Palomino, Godello e Dona Branca. Se a web so informa sobre unha variedade é porque está desactualizada.

Onte o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe, en conversa telefónica, dubidaba de haxa Dona Branca suficiente para chegar a supoñer un tercio da uva empregada neste viño

4 thoughts on “Caso Rúa (II). ¿Dous viños diferentes cunha mesma marca?

  • 30 de Xullo de 2011 at 10:53 10Sat, 30 Jul 2011 10:53:16 +000016.
    Permalink

    Eu é que como non daba atopado o tal rúa branco merquei o tinto do gadis de santa cruz, e despois dun profundo labor de cata e degustación cos cinco sentidos acabei por facer un calimocho.

    Reply
  • 30 de Xullo de 2011 at 11:04 11Sat, 30 Jul 2011 11:04:14 +000014.
    Permalink

    Oia, pois onte no Corte Ingles de Santiago habia Rua espeso. Eu levei Ribeiro.

    Reply
  • 07 de Setembro de 2011 at 12:29 12Wed, 07 Sep 2011 12:29:54 +000054.
    Permalink

    Por lo menos han conseguido vernder ya hasta la cosecha próxima.
    El problema es de Jay Miller, el responsable de cata de Parker para España, ya la ha liado varias veces. Para mi está perdiendo la poca credibilidad que le quedaba.
    Un salud

    Reply
  • Pingback:Colineta » Blog Archive » Caso Rúa III: comienza a despejarse la niebla

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *