¿Queremos Fórum Gastronómico?

O Alcalde de Santiago de Compostela decidirá esta semana se o concello apoia ou non ao Fórum Gastronómico Santiago 2012. Pero non lle toca a el decidir se o próximo ano teremos Fórum, que nese asunto a última palabra é de Pep Palau, Von Arend & Asociats, propietarios da marca e con capacidade suficiente para sacar adiante o evento sen o apio do Concello.

Pero a decisión de Conde Roa pode cambiar de maneira radical a situación. Se en Compostela se celebraron xa dúas edicións do Fórum foi polo interese do Concello en que así fóra, e de maneira moi especial polo gran traballo realizado dende Incolsa, de onde saíu a idea de converter a Santiago na capital gastronómica de Galicia por medio de infinidade de actividades gastronómicas, entre as que destaca especialmente o Fórum.

Se o Alcalde suprime ou condiciona o apoio municipal ao Fórum, os seus organizadores veranse liberados de ataduras con Compostela e o evento podería acabar noutra cidade galega, situación que sería grave no ámbito local pero menos grave para o conxunto de Galicia, que seguiría contando co seu Fórum Gastronómico.

Penso que paras as consellerías de Medio Rural e de Pesca, que son as que sempre apostaron forte por este evento, tanto lles vale que se celebre en Compostela ou na Coruña, cidade que tamén conta cun alcalde do PP co que, imaxino, será máis fácil entenderse que co de Vigo, o socialista Abel Caballero, permanentemente enfrontado á Xunta de Galicia.

Resultaría cómico que un alcalde do PP deixase escapar o Fórum e o recuperase outro do mesmo partido.

Estase a escribir moito sobre o retraso de Conde Roa en tomar unha decisión e dos efectos que ese retraso vai ter. Penso que máis grave que o retraso é á escasa e mala información que parece manexar o alcalde á vista das súas declaracións públicas, das que se desprende que descoñece a existencia de patrocinadores privados dende a primeira edición, así como ingresos procedentes da venda de espazo na feira, cotas de congresistas e venda de entradas. Nin todo é financiación pública nin a achega do Concello é a máis importante, cuantitativamente falando.

Tamén é preocupante que Alcalde de Santiago teña condicionado un hipotético apoio ao Fórum a cambios no formato do mesmo. ¿Cáles son os cambios que demanda o Alcalde? Tal vez non sexa consciente Conde Roa que o formato do Fórum está perfectamente contrastado ao longo das edicións celebradas en Xirona e Santiago e que ademais ese formato está a ser copiado, con máis ou menos modificacións, pola meirande parte dos eventos gastronómicos que se celebran en España.

Finalmente, resulta preocupante escoitar á secretaria xeral de Turismo da Xunta de Galicia, na presentación que realizou o Grupo Nove na Cidade da Cultura, falar da importancia da presenza dos cociñeiros galegos en varias edicións de Milesimé, cofinanciadas polo seu departamento, e non dicir unha soa palabra sobre o Fórum Gastronómico de Santiago na mesma Compostela. Polo menos eu non o escoitei.

¿É Milesimé, “o evento gastronómico máis exclusivo do momento” como se autodefine, o modelo que se pretende para Galicia?

Mentres o alcalde dubida, os colectivos de cociñeiros que, ao meu parecer, tanto lle deben ao Fórum, parecen telo claro: mellor estar calados.

E a Asociación de Hostelería de Compostela, os grandes beneficiarios do evento, so reivindican o Fórum tímidamente “mentres non haxa outro evento alternativo”.

ACTUALIZACIÓN (19-07-2001) Nota de prensa da Asociación de Hostelería de Santiago (14 horas):

“Hostelería Compostela esixe que PSdG e BNG non interfiran nas negociacións para a organización do Fórum Gastronómico

O Fórum Gastronómico é un evento de extraordinaria importancia para a consolidación de Galicia como destino de turismo gastronómico e para a proxección nacional e internacional da nosa imaxe. Por iso dende a Asociación de Hostelería Compostela se esixe á oposición, tanto ao PSdG coma ao BNG, que non interfiran nas negociacións que se están a desenvolver entre a empresa organizadora deste evento e Concello de Santiago, para que non se politice este asunto. Os hosteleiros consideran que se realmente fose un asunto de tanta importancia, como agora din ambos grupos nos medios, o normal sería que lle tiveran dado luz verde ó convenio de colaboración que estivo durante meses agardando pola sinatura do anterior alcalde.

O anterior goberno local sabía da importancia que o sector empresarial lle deu sempre ó Fórum Gastronómico. Se non adoptaron a decisión de garantir a súa celebración cando tiñan responsabilidades de goberno, non parece moi ético que o fagan agora cando se está a negociar a continuidade deste evento entre a empresa organizadora e o actual goberno local. O Fórum é un evento de vital importancia para a consolidación de Santiago como destino gastronómico, que constitúe un dos eixos fundamentais na estratexia de desestacionalizacion do turismo en Compostela e é un dos grandes retos do sector. Hostelería Compostela califica a actitude da oposición de “irresponsable” e esixe a altura de miras suficiente por parte dos seus responsables para que non utilicen a celebración deste importante evento como unha arma política. A hostelería é o principal pulmón económico de Santiago e os empresarios do sector son os máis interesados en que este evento axude a consolidar a imaxe de excelencia gastronómica do noso destino turístico a nivel nacional e internacional.”

3 thoughts on “¿Queremos Fórum Gastronómico?

  • 19 de Xullo de 2011 at 16:32 04Tue, 19 Jul 2011 16:32:12 +000012.
    Permalink

    Estimado Miguel,
    grazas por este post. Respondendo à pergunta que fáis no titular: Si, quero!
    Penso que non estou expresando un sentimento apenas individual, o inspirado por calquera força partidária, às cales non teño ningunha conexión (nin pretendo ter). Son como ti sabes un amante da gastronomía coma ti, (a arte de traballar na cociña prof.) e como a moitos “Santiagueses” de adopción, amamos a cociña, por eso nos mobilizan estes eventos.
    Para min esa mobilización, non ten que ver coa parte dos benefícios claros e legítmos para a os hosteleiros; acredito que temos todos a gañar co a realización de este tipo de eventos en Santiago. Por iso iniciei por miña conta e riesgo unha campaña positiva a favor da realización do Fórum Gastronómico #forumgatronomicsantiago2012ya! é o meu humilde contributo para que se faga eiquí…
    Espero que nos poidamos rever en ese evento celebrando unha vez máis a cultura gastronómica mundial en Santiago 🙂

    Un saúdo gastrocreativo!

    Reply
  • 19 de Xullo de 2011 at 16:41 04Tue, 19 Jul 2011 16:41:57 +000057.
    Permalink

    Un saludo cordial don Miguel.
    El evento milesimé,es bastante elitista y destinado a empresas
    o firmas ,que quieran tener un detalle con sus clientes,con las entradas a precios altos para el publico en general,aunque
    hay una version un poco mas “ligera”,que se esperimento en Valencia,que es posibleque guste mas y sea mas “barata”,para
    la capital de Galicia.
    Por otra parte ya que lo dice usted,se desconocia que fuesen
    los cocineros galegos(casi siempre los mismos)subvencionados
    por Turismo,Ahora entiendo como dias atras un Blogueropalmero,daba a conocer el exito de la cocina gallega
    en los milesimé de Brasil y el proximo otoño en Mejico,eso
    si siempre son los cocineros de la franquicia.

    Reply
  • 19 de Xullo de 2011 at 17:42 05Tue, 19 Jul 2011 17:42:55 +000055.
    Permalink

    Yo no me he querido pronunciar en su momento; pero en manos de los políticos, hasta algo tan demandado por profesionales y usuarios, como es una feria gastronómica importante, se enrarece.

    Has hecho muy bien en recordar las palabras que la S. X. T., pronunció hace unos días.

    Creo que la población agradece más la celebración del Fórum, que el tener un nombre destacado en la Milesimé.

    Un saludo.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *