¿E agora qué? Volve Nove

Onte o Grupo Nove volveu a alzar a súa voz para dicirlle a Galicia que seguen vivos como grupo e non so de forma individual. A Cidade da Cultura foi o marco elixido para presentar unha das súas xa clásicas pezas de comunicación, na que de novo o humor está presente. Se hai dous anos e medio o grupo se presentaba en Poio como unha banda de jazz, agora preséntanse como outra banda, esta vez de espías ao estilo do máis clásico 007. E abofé que, polas caras que poñen nas fotos, con algún deles non me gustaría cruzarme na Viena de El tercer hombre.

O acto serviu tamén para presentar aos tres novos membros do grupo (Javier Olleros, do Culler de Pau, Alberto González, do Silabario e Iñaqui Bretal, de Eirado da Leña) e anunciar que o ano próximo, con motivo do décimo aniversario do grupo, haberá grandes fastos.

Probamos os mellores pratos de cada restaurante en formato de tapa. Puxémoslle cara a algún blogger que non tiña o gusto de coñecer persoalmente (Daninland) e, en xeral, pasamos un par de horas estupendas.

¿E agora qué?. As pezas de comunicación do Grupo Nove son sempre froito dun traballo intenso, ben feito e custoso. Pero pasou o día e pasou a romería. Polo menos eso sucedeu despois daquela fantástica presentación de 2008, cando pouco a pouco a voz de Nove se foi apagando cara os medios de comunicación, ata o punto de que nos dous últimos anos penso que non recibín nin unha soa nota de prensa, nin unha soa comunicación do grupo. E non o digo como blogger, senón como xornalista en activo, cun espazo gastronómico na radio de máis audiencia de Galicia.

O tempo dirá se o grupo é capaz de levar adiante un eficaz labor de comunicación ou nos volvemos a ver, como Grupo Nove, nos fastos do décimo aniversario.

Polo demais todo perfecto. Os membros de Nove continúan a facer un espléndido labor a prol da cociña galega, dos nosos productos e de Galicia como país, como ben dixo onte a secretaria xeral de Turismo. E cada día son máis os membros do Grupo que representan a Galicia nos moitos congresos e reunións que se celebran polo mundo adiante, pero son representacións a título persoal e non como colectivo, polo que non poden poñerse no haber de Nove.

Hoxe é día de celebrar a calidade e o éxito na presentación de Nove ataca de novo. Pero fraco favor sería limitarnos a facer de palmeiros, como se estila ultimamente, e non poñer negro sobre branco os problemas que está aí e son patentes para quen os queira ver. Dicía un vello coñecido meu: “Non me digas o ben que o fago, que xa sei que son o mellor. Dime o que fago mal para mellorar“.

Este é o video de preparación do tríptico, que se pode ver en Capítulo Cero

11 thoughts on “¿E agora qué? Volve Nove

  • 12 de Xullo de 2011 at 13:45 01Tue, 12 Jul 2011 13:45:26 +000026.
    Permalink

    Gracias polo comentario, Miguel. Foron moitos meses (desde o pasado mes de xullo) traballando na definición desta peza, vendo alternativas e falando coas mellores empresas do país e, aínda que desde o mes pasado xa non colaboro con Nove nese tipo de cuestións, a verdade é que estou moi satisfeito (e máis o estarán eles, lóxicamente) co que se fixo.

    Comparto contigo ese desexo de que Nove manteña esa visibilidade e estou seguro de que o farán. Nos vindeiros meses van estar en moitos dos eventos sectoriais que teñen lugar en toda España e, ademáis, traballamos para que estéan tamén como grupo xunto con algúns dos máis importantes cociñeiros españois en Cataluña, Comunidade Valenciana, País Vasco, etc., ademáis de en eventos xunto con marcas de calidade de Galicia, que foron outra das liñas de traballo prioritarias nos últimos meses.

    Teño a certeza de que o traballo calado que se fixo no último ano vai ir dando froito nos vindeiros.

    Respecto ó problema que comentas en canto a notas de prensa, teño que dicir que, como sabes, Nove non contou con gabinete de comunicación nos últimos meses. Non sei se con anterioridade recibías notas do Grupo, pero no último ano non se emitiron desde él e, cando se fixo, foi externalizándoas a través dos gabinetes das empresas e institucións colaboradoras. Precisamente para evitar acusacións de intrusismo. Lamento que non as recibiras, porque outros medios si que o fixeron e porque o fallo, nese caso, sen dúbida é imputable en parte ó grupo, pero tamén ás colaboradoras. Pola nosa banda o que si que fixemos foi dar información sobre as mesmas a través da web. E penso que o incremento (notable) de visitas e enlaces á web é sinal de que se obtivo certa difusión.

    Saúdos

    Reply
  • 12 de Xullo de 2011 at 14:04 02Tue, 12 Jul 2011 14:04:58 +000058.
    Permalink

    Jorge, descoñezo o funcionamento interno de Nove e non vou entrar nel nin en quen é responsable de que a información chegue a uns e a outros non ou non chegue a ninguén.
    Xa dixen que en dous anos, máis ou menos, non recibín unha sola liña de Nove. E non vin prácticamente nada publicado noutros medios (a non ser temas persoais dos cociñeiros, non de Nove). Nese tempo a nivel comunicación Nove camiñou cara atrás. Partiron dunha situación mala (¿lembras que o comentamos moitas veces, mesmo en 2008 cando saíamos da presentación en Pepe Vieira en compaña doutros bloggers?)para meterse noutra peor.
    Polo que respecta á web do grupo, sempre é bo que se mova e teña actividade, pero limitarse a eso é como quere seguir vendendo o pano dentro da arca

    Reply
  • 12 de Xullo de 2011 at 14:24 02Tue, 12 Jul 2011 14:24:31 +000031.
    Permalink

    De acordo en que se poden contratar un gabinete de comunicación está ben que o fagan. E de acordo en que temos falado ese tema hai cando menos dous anos. Pero si que querería insistir en que todo o que fixo este ano pasado o grupo como tal (como conxunto)foi comunicado a medios e tivo eco (caso dos cursos no Corte Inglés, do receitario con Conxelados Pereira, etc.). Mesmo a toma de posesión da nova directiva, en principio unha actividade interna, foi comunicada en recollida tanto en prensa escrita como en medios como 7Canibales. E nese caso concreto, á marxe de que se comunicara a máis xente (cousa que descoñezo) sei que se comunicou cando menos a dous correos da Ser en Santiago. Lamento que, se foi o caso, non te chegara o comunicado da nova directiva.

    E non digo que se limitaran á web, senón que no que toca ó trafico da web (do que si que me encarguei) houbo un incremento e unha consolidación das visitas e do posicionamento, así como dos links entrantes. Por suposto que iso non substitúe a nada, pero axuda.

    Reply
  • 12 de Xullo de 2011 at 14:28 02Tue, 12 Jul 2011 14:28:45 +000045.
    Permalink

    Tamén podedes mandar os correos á Gran Vía. Se tedes o meu persoal, que o tedes, o lóxico é mandarmos a min. Especialmente se hai interese en que se recolla a información.

    Reply
  • 12 de Xullo de 2011 at 14:46 02Tue, 12 Jul 2011 14:46:15 +000015.
    Permalink

    No entiendo mucho qué pasa con Nove , pero tu blog es súper interesante pues yo he aprendido mucho de la gastronomía gallega y de todo tu país. Encuentro que haces un trabajo muy admirable y leerte es un verdadero placer, un gran abrazo

    Reply
  • 12 de Xullo de 2011 at 14:54 02Tue, 12 Jul 2011 14:54:19 +000019.
    Permalink

    Gracias Pamela. Intento hacerlo lo mejor que puedo y siempre en positivo, incluso cuando critico algo. No cuenten conmigo para aplaudir lo mal hecho

    Reply
  • 13 de Xullo de 2011 at 13:09 01Wed, 13 Jul 2011 13:09:22 +000022.
    Permalink

    Me alegra que vuelvan a moverse ‘fuerte’. Hace unos años, estando ‘de novios’ con la reina galega de mi coración buscábamos restaurantes en la web de Nove para cuando podía ir a verla a Galicia.

    Me pareció observar un parón en el que incluso pensé que era un proyecto que agonizaba. Claro que viviendo en Barcelona cuesta mucho enterarse de esas cosas. Sobre todo si no te dedicas al tema profesionalmente (ni de lejos) y solo curioseas ligeramente muy de vez en cuando a ver qué encuentras.

    En todo caso, comimos muy bien en los que tuvimos el gusto de probar y estaremos atentos a sus actividades para aprovechar cuando vayamos a pasar unos dias.

    Un saludo.

    Reply
  • 13 de Xullo de 2011 at 18:33 06Wed, 13 Jul 2011 18:33:53 +000053.
    Permalink

    Hay algo que me alucinó, a lo que no he hecho justicia en el post dedicado a este acto y es la tremenda imagen de grupo que han dado los cocineros del Nove.

    El acto duró un buen rato (que a mi se me hizo cortísimo) y no cesamos de ver trabajo codo con codo, abrazos, sonrrisas y muchas bromas entre ellos. Es complicado que se prodiguen todos juntos en público dada la naturaleza del sector en el que se mueven, pero la verdad que ha sido un placer ver esa unión.

    Conste que digo esto, estando al 100% de acuerdo con el artículo que has escrito, pues en un día no se hizo el mundo y el trato al público, hay que cuidarlo siempre.
    Me quedo de todos modos con haber sido testigo de la mencionada unión; con esa actitud y aptitud, las cosas deberían salir redondas- ojalá-.
    También me ha parecido muy interesante alguna de las declaraciones de Miguel Ángel (este sí jeje) Campos, sobre el papel de la crítica gallega como responsable de la imagen que el pueblo posee de nuestra alta cocina.

    (perdón por el tocho, yo siempre en mi linea… jejeje)

    Un saludiño.

    Reply
  • 13 de Xullo de 2011 at 18:56 06Wed, 13 Jul 2011 18:56:53 +000053.
    Permalink

    Efectivamente, la imagen pública que da Nove es de una gran unidad y compañerismo. Lo vimos el otro día en la presentación de Santiago y lo vimos en 2008 en la que hicieron en Pepe Vieira o en la del Forum 2008

    Reply
  • 13 de Xullo de 2011 at 21:48 09Wed, 13 Jul 2011 21:48:13 +000013.
    Permalink

    Hummmm….. agrias polémicas, posts que desaparecen misteriosamente….. iso vai ser o meigallo, de tanto falar de cunqueiro.

    Reply
  • 13 de Xullo de 2011 at 22:44 10Wed, 13 Jul 2011 22:44:38 +000038.
    Permalink

    Aquí non desaparecen post, señor eSedidió. Xa son moi maior para creer nos meigallos, papa noel ou a monarquia, por moito que os reis sexan magos. Tampouco creo nos “duendes de imprenta” xa que hai tempo que aprendín que non eram mais que un invento para nom aceptar os nosos erros

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *