D.O. García-Ulloa

A primeira vez que o lin pensei que era un erro que calquera pode cometer. Repetilo poucas liñas despois levoume a pensar que o erro xa se estaba convertendo en experiencia pois, como dixo alguén, a veces a experiencia é a persistencia no erro, que neste caso é a novísima denominación de orixe queixeira “García-Ulloa”.

A sorpresa medrou cando por twitter me aseguran que hai máis mencións, que puiden comprobar cunha simple consulta en google, atopando algún outro sitio co mesmo erro.

Previamente, falando con quen sabe do tema, souben que non era a primeira vez ni o único caso, xa que houbo outrora quen preguntou pola D.O. Don Simón, aló polas terras de Vilalba. Google so me da un caso deste erro e neste caso queda ben claro que se trata dunha traizón do subconsciente, pois no mesmo post onde dúas veces aparece “Don Simón” tamén se deixa claro que se trata de “San Simón da Costa”. Pero hai un segundo erro aquí, que é identificar o San Simón da Costa con “tetilla afumada”, como antes facían en Mercadona.

Co único obxectivo de verme un día nos buscadores deixo aquí unha nova denominación de orixe de queixo galego, da que non atopei referencias: a “Arzúa-Baquero”. Ademais de inexistente, esta D.O. vai con falta de ortografía, que case todo o mundo sabe que vaca se escribe con v cando falamos da vaca que da o leite co que se fan os queixos desta D.O. E polo tanto o que saca a pastar polas cunetas tamén debería ir coa mesma V.

Moralexa: equivócate que algo queda

One thought on “D.O. García-Ulloa

  • 11 de Xullo de 2011 at 20:41 08Mon, 11 Jul 2011 20:41:30 +000030.
    Permalink

    Ni te imaginas la cantidad de peculiaridades como está que se hallan en la red y tristemente se reproducen en Facebook y twitter como esporas… Te dejo una que la gente busca mucho, la uva “Shirak”.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *