Cunqueirianas albóndegas de capón

Albondigas de capón

Sari foi arrendála burra nun cortello, que quedaría fechada non fora algún lambón muxíla, e agardaría que parese de suar para darlle de beber e un alforxín de cebada, e Abdalá saíu lavar os pés nun pilón no hortello

do serrallo, e namentras o señor Sinbad pedíu cámara, e díronlla no corredor, con alfombra e palangana, e perguntando por unha boa cea había ovella con fideo e albondiguiñas de galiña con picante, e que como aquela era pousada de moito otomano e persianos, e hastra se vían bizantinos da seda, que tamén había viño de Nisapur“.

O texto, sacado da novela Se o vello Sinbad volvese ás illas, de Álvaro Cunqueiro, serviulle a Iago Castrillón como inspiración dun dos pratos que ofrece no marco da campaña A cociña galega con Cunqueiro. As albóndegas de capón que se reflicten na foto non son máis que un fenomenal guiso tradicional cunha composición actual, de maneira que algúns ingredientes (cebola, allos, pementos, tomates) que no guiso da avoa se desfán no prebe, aquí aparecen en todo o seu esplendor, xunto coas patacas, lixeiramente asadas, e unhas tenrísimas albóndegas.

Un prato barroco, sen dúbida, pero moi saboroso. E ademais un prato de culler, que non son moi habituais nos tempos que corren.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *