Arroz de lareira
![]() |
De Colineta |
Nun momento o comedor do Garum quedou na penumbra malia que estaba sentado ao pé da fiestra pola que entraba o sol primaveral. So o resplandor dunha feble chama iluminaba a estancia e pareceume ver o gato perseguindo un rato que acababa de adentar un dos chourizos colgados ao fume.
“Arroz da lareira” dixo o camareiro e o feitizo desapareceu de súpeto, volvendo a escintilar o sol ao outro lado dos vidros. Disipouse o fume que chegou á mesa dentro dunha campá de cristal e deixou ver un arroz dourado coma o mesmo sol. UlÃa a lareira. E a lareira sabÃa aquel arroz, potente de sabor e de aroma, acompañado de anacos de polo de curral. Un lixeiro picante dáballe aÃnda máis forza.
No Garum probei o primeiro dos menús da campaña A cociña galega con Cunqueiro e abofé que comezamos con bo pé, inda que as Sopas de cabalo canso con xeado de iogur me emocionaran menos que o arroz, dada a textura algo brava do biscoito. Seguro que o cociñeiro quixo reproducir unhas sopas con pan de millo, cando para min sempre o foron con pan trigo.