O Curro da Parra, vencedor de Santiago(é)Tapas

Rematou o concurso Santiago(é)Tapas e o primerio premio foi para o Bloody Mary made in Galicia do restaurante O Curro da Parra. Unha aposta sen dúbida arriscada pero eficaz.

Despois da entrega de premios comentamos como feito curioso que nas catro edicións que se celebraron, en tres ocasións o premio foi para locais que levaban pouco tempo abertos ao público. Aconteceu co Ácio na primeira edición, coa Tafona na segunda e co Curro da Parra este ano. Na edición 2010 o premio foi para Calderón, que se ben levaba xa algún tempo aberto, era a primeira vez que participaba no concurso.

Despois de catro edicións é patente a mellora xeral da oferta que presentan os hostaleiros composteláns, así como o feito de que cada vez se suman máis establecementos ao grupo que encabeza as clasificacións, con diferenzas moi pequenas entre uns e outros.

Cabe sinalar que as bases do premio especifican claramente os factores que ten en conta o xurado e como se puntúan. Non se trata unicamente de presentar as tapas máis ricas, senón facelo de maneira profesional e rápida, cunha boa relación calidade prezo e empregando produtos galegos. No fondo gaña quen mellor conxunta todos eses factores, que ao mesmo tempo vai ser quen mellor satisfaga aos seus clientes que, finalmente, son un compoñente fundamental do concurso.

Os premiados no Santiago(é)Tapas 2011 son os seguintes:

Bloody Mary made in Galicia, de O Curro da Parra, 1º premio

Salpicón de pulpo, de Acio. 2º premio

Pescada sobre emulsión de chícharos, ceboliñas ao tomiño limoeiro e pataca confeitada. 3º premio. Hotel Puerta del Camino.

Bocado doce de vieira. Garum. Premio mejor maridaje con Etrella Galicia Artesana.

Torrada con xeado de crema de augardente. Premio del público. A Tafona

Sesión Vermú. Premio del público (E)xcelente. Abastos 2.0

La Caja de los Hilos, Capítulo Cero, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Gastroeconomía

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *