Tesouros novos e vellos

O título da conferencia que Álvaro Cunqueiro pronunciou como discurso de ingreso na Real Academia Galega sérveme para definir as tapas que serviu o equipo do restaurante compostelán Ácio ao remate da presentación da campaña A cociña galega con Cunqueiro, organizada polo Consello da Cultura Galega e na que participarán máis de sesenta restaurantes galegos.

Iago Castrillón e a súa xente elaboraron dez tapas interpretando libremente outras tantas referencias culinarias atopadas na literatura de Cunqueiro (Se o vello Sindab volvese ás illas, Teatro Venatorio y Coquinario Gallego, a súa extensa obra xornalística…) e sorprenderon a tódolos presentes cos seus resultados: caramelo de leituga, flor de capuchina, ostra con lixeiro escabeche, ensalada de troita escabechada do Miño coas súas ovas, falso sangue de pichón con allo soasado, tosta de millo con lacón trufado, capón asado baixo figueira, rissoto de vaca vella con fiúncho, brioche de cereixas e tarta de Mondoñedo… seguro que Cunqueiro tería gozado con esta recreación das súas receitas imaxinarias e reais como gozamos tódolos asistentes á presentación.

La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Galicia Hoxe, Telexornal serán (TVG), Xornal, El Correo Gallego, HGhTonline, Bos Días (TVG), Zig-zag diario (TVG)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *